Moita figura de protección pero ningunha brigada estable no Courel - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Proposta para conseguir o Destino Turistico Starlight para o Concello e para os Aloxamentos

  MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo – CV , Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Cou...

Buscar neste blog

venres, 18 de xuño de 2021

Moita figura de protección pero ningunha brigada estable no Courel

Desde CV , vimos de presentar unha proposta na sede electrónica, para debatir en pleno. Moción que vemos moi necesaria para mellorar a seguridade dos nosos veciñxs, casas e montes. Vemos moi mellorable tanto os medios cos que contamos para combater os lumes na nosa Comarca, coma as deficientes medidas preventivas por parte das administracións responsables( Concello de Folgoso do Courel e Xunta de Galicia).
Tampouco vemos normal que desde o Equipo de Goberno, en vez de propoñer medidas para previr e poder afrontar mellor futuros lumes se limiten a facer especulacións, xustificando a alguén que queima o patrimonio de todxs. É inadmisible que se intenten normalizar os lumes e que se insinúe que son algúns gandeiros e apicultores os causantes dos mesmos, cando é GRACIAS A ELES E O SEU TRABALLO que alguns montes se manteñan limpos e algúns camiños abertos.
Deixamos máis abaixo a proposta





Imaxe dun camiño que foi e que xa non é porque o Concello non o quere arranxar

Ningún comentario:

Publicar un comentario