Medidas concretas - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Proposta para conseguir o Destino Turistico Starlight para o Concello e para os Aloxamentos

  MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo – CV , Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Cou...

Buscar neste blog

Medidas concretas

Queremos un C@UREL VIVO e con FUTURO!


                                En que podemos mellorar a vida, no teu día a día : 


  •     Comprometemonos a vivir no Courel e que os veciños poidan atopar o seu alcade/esa no Concello.
  •       Poñeremos un transporte gratuito desde todas as aldeas o centro de saúde, unha vez á semana , pagado polo Concello.
  •  Reclamaremos un servizo sanitario eficiente e digno, que haxa unha mellor coordinación de ambulancias, se oferten servizos de xeriatría e pediatría regularmente, etc.
  • Crearemos un servizo de asesoramento para creaciòn de empresas e tramitacion de subvencions GRATUITO
  •  Trataremos o diñeiro público con cabeza e sen despilfárralo. Contando ca xente.
  •  Facilitaremos a renovación de tramites no Concello que agora non se fan, como renovar o paro, etc. Abrindo algunha tarde, se fai falta.
  •  Crearemos un “banco de vivendas e terras”, facilitando os contactos entre os propietarios e a xente que queira instalarse no concello.
  • Crear en tódolas aldeas que sexa posible, unha rede de Internet, legal e barata para os residentes. Similar á que xa se implantou en Teixeira, pagando solo 50€ ó ano. 
  •  Crearemos  unha “brigada verde” todo o ano, que se encargue de arranxar as pontes de madeira, rozar sendeiros  e camiños e melloras medioambientais puntuais, creando postos de traballo na zona.
  • Limitar o salario e as dietas do/a alcalde/esa a unha cantidade digna e sensata para o tamaño e orzamento do noso concello.
  •  Traeremos información e aumentaremos a participación por parte dos veciños/as ante a posibilidade da declaración de Parque Natural.
  •  Eliminaremos gastos con empresas externas nos casos que poida facelo persoal contratado polo Concello directamente.
Máis medidas no programa completo. Pregúntanos sobre estas medidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario