SAF - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

mércores, 31 de marzo de 2021

SAF

 

O SAF é un dos servizos imprescindibles no noso Concello, e por elo tamén o son quen o fan posible, que son os traballadores/as. Desde CV vemos como o Concello no cumpre nin o convenio laboral vixente para este posto de traballo. Neste espazo trataremos de aclarar algunhos aspecto sobre o SAF para quen poida ser de axuda.



QUE PON NO CONVENIO SOBRE O SALARIO?

O salarío debe contemplar o salario base, antigüidade , festivos e dispoñibilidade, segundo marca  a tabla salarial do convenio. Sobre esta táboa , aprobouse en pleno por maioría absoluta un incremento de 0,9% para á anualidade 2021. Desde CV cremos que non é suficiente para o grupo do SAF.




HAI UN REGULAMENTO MUNICIPAL?

Si, podes acceder a ese Regulamento pulsando eiquí


QUE DI DAS VACACIÓNS? 

Coas vacacións, desde o CV temos pedido nos plenos de contratación de persoal para cubrir as vacacións, para que resulte máis doado o seu cadrante. No 2020 fixose unha contratación para vacacións. Na mairía dos casos , non se esta a cumprir o convenio  que di o seguinte:

O período de vacacións anuais será retribuído e a súa duración será de trinta días naturais. Naqueles casos en que non se complete o ano de traballo efectivo, os/as traballadores/as terán dereito á parte proporcional. As vacacións gozaranse preferentemente durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O período de gozo fixarase nun período de 30 días ou en dous períodos de 15 días, e non se poderá realizar máis fraccións, agás acordo entre a empresa e as persoas traballadoras, respectándose sempre os seguintes criterios:

a) O réxime de quendas de vacacións farase por rigorosa rotación anual do persoal entre os distintos meses, iniciándose esta rotación o primeiro ano, por antigüidade na empresa. Para tal efecto constituiranse as correspondentes quendas de vacacións. Estas quendas faranse de acordo co calendario laboral, segundo as prestacións do servizo.

O inicio do período de vacacións ou de gozo das festas aboables non pode coincidir cun día de descanso semanal, de forma e maneira que neste caso se entenderán iniciadas as vacacións ao día seguinte do descanso semanal. Se o regreso das vacacións coincide co día libre, este deberá respectarse, e retomarase o traballo ao día seguinte.

b) O calendario de vacacións elaborarase antes da finalización do primeiro trimestre de cada ano e, en todo caso, cun mínimo de dous meses antes do seu comezo.

Unha vez iniciado o seu gozo, se se produce situación de IT, o dito período non se interrompe nin é conmutable por novos períodos.

As vacacións deberanse gozar durante o ano natural, e non será posible acumulalas a anos seguintes nin poden ser compensables economicamente, agás os casos de liquidación por finiquito. Por iso, calquera que sexa a causa, o non gozo durante o ano natural supón a perda das vacacións ou da fracción pendente de gozo.

Non obstante o que se dispón neste artigo, cando o período de vacacións fixado no calendario de vacacións da empresa coincida no tempo cunha incapacidade temporal calquera que sexa a causa ou co período de suspensión do contrato de traballo previsto no artigo 48.4º do Estatuto dos traballadores, terase dereito a gozar as vacacións en data distinta á da incapacidade temporal ou á do gozo do permiso que por aplicación deste precepto lle correspondese, ao finalizar o período de suspensión, aínda que termine o ano natural a que corresponda.

A retribución das vacacións non incluirá en ningún caso o pagamento de complementos de actividade, agás o complemento de nocturnidade para aqueles/as traballadores/as de quenda fixa de noite. 




QUE TRABALLO PODE DESEMPEÑAR UN  AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO SEGUNDO O CONVENIO?

É o/a profesional que ten por obxecto atender, no propio domicilio ou medio, e seguindo as pautas de actuación e coidados indicados polo/a coordinador/a do servizo, as actividades seguintes:

Actividades de atención persoal. Enténdense por estas actividades as seguintes:

  • O aseo e hixiene persoal, habitual ou especial, arranxo persoal, ducha e/ou baño, incluída a hixiene bucal.
  • Axuda persoal para o vestido, calzado e a alimentación.
  • Transferencias, traslados e mobilización dentro do fogar.
  • Actividades da vida diaria necesarias na atención e coidado do/a usuario/a.
  • Estimulación e fomento da máxima autonomía e participación das persoas atendidas na realización das actividades básicas da vida diaria.
  • Fomento de hábitos de hixiene e orde.
  • En persoas con alto risco de aparición de úlceras por presión, previr estas mediante unha correcta hixiene, coidados da pel e cambios posturais.
  • Axuda na administración de medicamentos que teña prescritos a persoa usuaria.
  • Coidados básicos a persoas incontinentes.
  • Axuda para a inxesta de alimentos.
  • Fomento da adecuada utilización de axudas técnicas e adaptacións pautadas.
  • Recollida e xestión de receitas e documentos relacionados coa vida diaria do/a usuario/a.
  • Dar aviso ao/á coordinador/a correspondente de calquera circunstancia ou alteración no estado do/a usuario/a, ou de calquera circunstancia que varíe, agrave ou diminúa as necesidades persoais ou de vivenda do usuario.

Atención ás necesidades no domicilio. Enténdense por estas as seguintes:

  • Mantemento de limpeza ou axuda á limpeza da vivenda, salvo casos específicos de necesidade que sexan determinados polo/a técnico/a responsable.
  • Preparación de alimentos no fogar ou traslado deles ao domicilio.
  • Lavado a máquina, pasado do ferro, repaso e organización da roupa dentro do fogar.
  • Amontoar as roupas sucias e trasladalas, se é o caso, para a súa posterior recollida polo servizo de lavandaría.
  • Adquisición de alimentos e outras compras de artigos de primeira necesidade por conta da persoa usuaria.
  • Tarefas de mantemento básico habitual de utensilios domésticos e de uso persoal, que non requiran o servizo dun especialista (cambio de lámpadas, cambio de bolsa de aspiradora, substitución de pilas).
  • Apoio familiar e relacións co medio. Inclúense dentro deste tipo de actividades as seguintes:
    • Compañía para evitar situacións de soidade e illamento.
    • Acompañamento fóra do fogar para posibilitar a participación da persoa usuaria en actividades de carácter educativo, terapéutico e social.
    • Facilitar actividades de lecer no domicilio.
    • Apoio e acompañamento para a realización de trámites de asistencia sanitaria e administrativos.
    • Desenvolvemento da autoestima, da valoración de si mesmo e dos hábitos de coidado persoal, evitando o illamento.
    • Potenciar e facilitar hábitos de convivencia e relacións familiares e sociais.
    • Fomentar estilos de vida saudable e activos.
    • Apoio e seguimento das pautas prescritas ante situacións de conflito que se xeren no seo da familia.
    • Coidado e atención dos/as menores, tanto no ámbito do fogar como en acompañamentos a centros escolares, de lecer, sanitarios e outros.



O CONVENIO polo que se rixen os traballadores/as do SAF pódese consultar pulsando eiquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario