Querémosvos achegar unha tomadura de pelo que a Xunta de Galicia, novamente nos fai ós Caurelaos.
Tras un lume que arrasou unha ladeira na parroquia de Meiraos o Pasado 11 e 12 de Outubro. O cal , custou a maiores da fauna e flora no ardido; a destrucción dunha modorra polo Bulldozer (unha vez xa o incendio estaba controlado).
Tratándose dun lugar pendiente e vendo que todalas previsións decian que as escorrentías do inverno, lavarían cinza da ladeira. Daba conta de que se precisaba un labor de rexeneración e contención da cinza canto antes.
Non imos a entrar debater se era mais convinte, sembrar centeo para fixar o terreo e promover especies como a perdiz. Ou lanzar palla o aire, con helicopeteros ás poucas semanas do lume.
Este último método estáo a facer a Xunta a travesó do "millonario" contrato que ten coa empresa Inaer e vendo o que ocorre no Courel e noutras zonas, da que cavilar. Eses helicópteros que a Conselleira de Medio rural usou para ir de excursión. Como cando foi á Cervantes , cun custo para os petos de todos nós de máis de 20.000 euros.
Tres meses despois, tras dúas "cicloxéneses que barreron o barrible" , acórdaselles traer un camión de palla e descargalo nunha beira da estrada (Adxuntamos foto) para que algún día, esa empresa lance as pacas ao aire , e con elas miles de euros que cobran á hora.
Nos preguntámonos :
- Non seria máis efectivo e productivo (para a xente de ben), adicar eses miles de euros a rexenerar o monte con unha plantación de especies autóctonas ou como honestamente os veciños consideren , co uso que estes lle queiran dar ao terreno?
- A Xunta poñerá tamén un cartel na zona co custo, como fai con otras obras? Ou teremos que molestarnos nós, en preguntar na Xunta de Galicia canto custou?
- Algún día farán políticas en tódolos ámbitos, pensando realmente en quen vive no territorio, ou so pensando en darlle beneficios a empresas amigas e rematando co rural?
Terán que dar conta no parlamento galego de tal despilfarro. Pero seguirán autoalimentado o seu circulo , mentras o rural e a montaña en particular agarda por un amencer que non chega.
As opinións son todas respetables o expresalas sen ofender, é podemos estar máis ou menos de acordo con elas, pero as informacións deben ser obxectivas e veraces, porque se non, son intencionadas de parte e normalmente, mal intencionadas, como esta que afirma que se destruiu unha "modorra" cando o lume xa estaba controlado. Nin estaba controlado nin se destruiu nada tal e como se recolle na noticia.
ResponderEliminarDesde logo que todas as opinións son respetables, Pablo. No tocante a palla, seguramente concordes que o seu fin pouco ten que ver co de asegurar e reter a cinza e terra da ladeira. No tocante a Modorra ou Mámoa. Podes ver nas imaxes que subín, como se ve claramente o arrasamento da zona helíptica onde se atopaba. Cando a administración colabora na destrucción do noso patrimonio, en vez de a protexelo, parece non importar. No tocante ó de se pasou ou non o Bulldozer cando estaba apagado... Persoal que traballou no incendio corrobórano.Polo tanto toda opinión é respetable ata que os intereses que hai detrás son económicos(como ocorre cas alpacas). Sen máis, grazas por comentar no blogue e aportar a túa opinión. Saudos
ResponderEliminarO meu comentario é e srgue sendo o de desmontar a menssxe de que o lume estaba apagado porque non e certo. Eu estaba no lugar dos feitos cando se actuó co bulldozer no entorno da "modorra
EliminarEsta "modorra" foi afectada hai bastantes anos o pasarlle o lado unha máquina para crear, supoño, unha infraestructura tipo cortalumes e o mesmo tempo divisoria de concellos.
No lume utilizouse esa infraestructura antiga porque a cabeza do lume xa chegara a ela. Limpouse co bulldozer en ataque directo (co lume enriba) e nesa actuación moveu algunha pedra da "modorra" que con toda seguridade xa estaría movida da intervención primeira, xa que non se creou ningunha infraestructura nova. E nesa situación de emerxencia teríamos que vernos todos para analizar as reaccións de cada un de nos.
En canto a palla podo concordar no retraso da aplicación desta, pero teño entendido que a intervención valorouna os que se adican en Lourizán o tema da erosión do chan, así que en principio eu non vou a cuestionar o seu traballo.
Grazas igualmente pola respuesta e espero que este comentario serva para ver o asunto dende outro punto de vista