PROPOSTA para a Melloras Urxentes en Prevención de incendios forestais. - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

PROPOSTA para a Melloras Urxentes en Prevención de incendios forestais.

  MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión...

Buscar neste blog

sábado, 30 de agosto de 2025

PROPOSTA para a Melloras Urxentes en Prevención de incendios forestais.


 

MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de

Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, polo Pleno da Corporación Municipal a seguinte PROPOSTA para a Melloras Urxentes en Prevención de incendios forestais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No noso concello, un dos territorios máis singulares e vulnerables de Galicia, leva anos minguando os servizos de preparación fronte incendios forestais, agravadas pola escaseza de medios e pola falta de coordinación institucional. No ano 2022 ardeu preto do 60% da superficie do termo municipal. Curiosamente, dende entón a capacidade operativa diminuíu:

  • En 2022 e en anos anteriores, formáronse 2 brigadas completas municipais con 13 persoas contratadas polo propio concello: 8 peóns, 2 xefes de brigada e 3 condutores de motobomba.
  • Nos anos 2024 e 2025, só se asignou 1 brigada e 1 condutor de motobomba municipal para todo o municipio.

Ademais, é importante destacar que a Xunta de Galicia non dispón de ningunha brigada de reforzo en toda a comarca do Courel (curiosamente a comarca con máis monte), e mentas  noutras zonas do mesmo distrito forestal de Monforte de Lemos, teñen 7 brigadas de reforzo a 8 meses. Feito que xa desde CV levamos a proposta fai anos para que se distribuísen mellor.

Vemos con este feito que a situación actual é de maior precariedade que antes do grande incendio de 2022. Ademais, existen deficiencias notorias:

  • Moitos tanques de auga están avariados ou perden, polo que non se poden empregar en caso de emerxencia. Hai innumerables carrozos onde as motobombas podían cargar auga se tivesen un tanque ou medio pozo, e desde o concello, podíse traballar niso. E mesmo habilitar un segundo pozo con sobrantes da atraida para que se poida ir cargar a él, nas aldeas que se poida.
  • Varias aldeas non cumpren coa franxa de seguranza de 50 metros, como marca a Lei 3/2007, o cal supón un risco grande para as aldeas,  se hai incendios forestais.
  • As pistas de titularidade forestal non son repasados desde fai moito tempo. O cal algunhas non están transitables, se hai que acudir con medios de extinción.
  • As notificacións por incumprimentos de xestión de biomasa están a ser enviadas en pleno mes de agosto, coincidindo coa vaga de calor e cando se producen algúns incendios iniciados precisamente por maquinaria desbrozadora.
  • Os desbroces das estradas das distintas administracións están a realizarse en Agosto, en vez de anticiparse na primavera como medida preventiva.
  • Os medios que  a Xunta de Galicia ten no Courel para a extinción son case nulos. Ten 3 persoas por sentencia xudicial . Cando se xubilen , non quedará ningún Bombeiro forestal. E ten un so conductor motobomba, facendo inoperativo o servizo cando non está en turno. O mesmo ocurre coa Motobomba do Concello.
  • Aínda que en algunhas aldeas xa hai “bocas de rego”, en outras moitas non e as que teñen, hai moitas sen mangueiras, o cal vólveas inoperativas.

É imprescindible actuar con rigor, planificación e sentido común. O Concello ten competencias e obrigas en materia de prevención e defensa contra incendios, segundo a Lei 3/2007 e o PLADIGA, especialmente no relativo á xestión de biomasa, accesos, abastecemento de auga e coordinación local.

 

Din exactamente: Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais de Galicia:

 

"Os concellos deberán prever, no seu plan municipal de prevención e defensa, as infraestruturas necesarias para garantir o acceso dos servizos de extinción."

 

E a  Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local:

 

"Corresponde ao concello a conservación, mantemento e vixilancia das vías públicas locais."

 

 

ACORDOS QUE DESDE CV SE PROPOÑEN AO PLENO

  1. Revisión e actualización inmediata do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, con melloras practicas para estar máis preparados econ participación veciñal.
  2. Inventariado e clasificación de todas as pistas forestais de titularidade municipal, para programar melloras, limpeza e ensanches onde sexa necesario garantir o acceso de medios de extinción.
  3. Informe técnico sobre o estado de todos os tanques de auga do municipio, con proposta de reparacións ó distrito ou á administración que corresponda e execución das mesmas antes do verán de 2026. Ampliar os puntos de recarga de auga preto das aldeas.
  4. Solicitude formal á Xunta de Galicia para:
    • Recuperar o dispositivo humano de 2022 (2 brigadas + 3 condutores)
    • Asignar, ademais, brigadas de reforzo na comarca do Courel, ao igual que nas outras zonas do distrito.
    • Subvencións para mellora de puntos de auga e accesos estratéxicos.
  5. Establecer un calendario de notificacións e desbroces preventivos que non coincidan cos meses de máximo risco, evitando traballos con maquinaria en pleno agosto.
  6. Campaña informativa anual sobre obrigas e boas prácticas en prevención de incendios, cun enfoque positivo para a veciñanza. Pola seguridade de tod@s
  7. Actuar máis en colaboración coa Xunta, Seaga ou outras entidades para a execución subsidiaria de franxas de seguranza e a xestión sostible da biomasa. Estanse a facer poucas actuacións con Seaga.
  8. Coordinación coa veciñanza e voluntari@s para reforzar a vixilancia e o aproveitamento activo do monte. E poñer a disposición deles o material de extinción que hai, como batelumes e mangueiras para as “bocas de rego”

 

 

 

 

Folgoso do Courel , a  29 de Agosto de 2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario