Neste apartado, tratamos de que no concello o que se acorda e se decide sexa coñecido por todas/os. Están ordenados por data, dende o máis recente ó mais antigo. Tamén achegamos outras gravacións que poidan ser do voso interese
📝 Presentaronse outras dúas propostas institucionais , sobre o día da muller e sobre o gasto de superávit.
❓ No pleno, tamén fixemos as preguntas que moit@s nos trasladastes: Plazos das obras da estrada principal, Recortes de horas e malas condicións en axuda a domicilio, limpezas de contedores do lixo, promesas incumplidas...como o museo da castaña,
Ademais, volvemos denunciar o gasto excesivo e tiran de aforros (no que vai de ano , sacaron preto de 100.000€ do aforrado. Respostaron a que cando se acabe, tirarán de créditos...
❓ **No pleno**, tamén fixemos as preguntas que moit@s nos trasladastes: certificanse obras sen revisalas, por que hai tanques de auga que levan anos vertendo, ou por que se adxudican obras a dedo a pesar dos reparos de secretaría por incumprir a lei de contratos.
Ademais, denunciamos o gasto excesivo en proxectos que non consideramos prioritarios (unhas instalacións infantís na praia fluvial de Megoxe por 41.000 €, renovación de sillóns do pleno, etc.).























[Resumo do Pleno Ordinario 27/10/2023]
🙌Este ultimo venres tivemos pleno ordinario onde se abordaron as seguintes propostas:
🐝 A proposta de Caurel Vivo para Esixir medidas na loita contra a Avespa Velutina, que foi APROBADA✅ polos tres grupos de Concello de Folgoso do Courel -Turismo. Solicitandolle á Xunta de Galicia :
1️⃣ Que se elabore un Plan galego para a detección control e/ou erradicación da Vespa velutina e que se fomente a investigación sobre o ciclo biolóxico e comportamento da Vespa velutina en Galicia. Así como das ferramentas de trampeo, tipos de tram pas e atraentes, máis efectivas e menos prexudiciais para outras especies.
2️⃣ Que se priorice o trampeo e a actuación anticipada sobre os niños primarios, como maneira efectiva de acabar con elas.
3️⃣ Que se dote de recursos suficientes para a retirada de niños secundarios e que se habiliten axudas específicas para a os perxudicados.
4️⃣Que se habiliten axudas polas perdas ocasionadas por esta praga.
5️⃣. Que as baixas ocasionadas pola Vespa velutina se considere causa específica de forza maior contemplada nos criterios de excepcionalidade que eximen do reintegro das axudas percibidas, tanto nas “Axudas á incorporación de persoas mozas á actividade agraria”, como nas “Axudas Agroambientais da PAC”.
🌰 Tamén APROVAMOS✅ por unanimidade á proposta do PP Do Caurel sobre a castaña. Nesta moción metemos unha emenda para que a Conselleria do Medio Rural de la Xunta de Galicia non discrimine a fincas pequenas que queiran solicitar axudas para plantación. 🚫Xa que ata o de agora se tes menos dunha hectárea, en coto redondo, non podes acceder ás axudas. A maiores a citada proposta solicita:
1️⃣ Solicitarlle a Xunta de Galicia liña de axudas como se fixo coa produción vitícola no seu momento.
2️⃣ Solicitar ao Estado a convocatoria dunha liña de axudas para o sector e os produtores de castaña.
🔊 Podes escoitar este pleno desde:
https://drive.google.com/file/d/1ZM1JrB858ax737QIke5kq5qh1t7Lh0uV/view?usp=sharing
[Resumo do Pleno Estraordinario 29/9/2023]
Neste pleno, aprovaronse as contas 2022, onde desde a nosa formación nos abstivemos por varios motivos:
1º Un ano máis dilapidanse diñeiro en cousas superfluas e as estradas en malas condicions, servizos sociais insuficientes, sen noticias da residencia de maiores.... En dúas anualidades dilapidouse o 70% dos aforros do Concello.
2º A morosidade de impostos municipais supera o medio millón de €. O Concello mira para outro lado con diñeiro publico e de todos. Uns pagamos e outros non.
3º Disminuense axudas @s nen@s de infantil. Pasando dunha axuda para material escolar dunha redución do 30%.
Podese escoitar o pleno:
https://drive.google.com/file/d/1f96myJE6GmhAuGlERm8qvPp6uvj1rgSC/view?usp=drive_link
[Resumo do Pleno Ordinario 25/8/2023]
No dia de onte onde se debatían entre outros temas a
necesidade de que no Courel se cubran tódolos dias as libranzas ou vacacións dos
profesionais dos Centros de Saúde. Vimos unha vez máis como o @PP do Caurel
defende a @Xunta por enriba dos intereses da veciñanza do @Concello de Folgoso
do Courel . Ven normal que haxa días que os Centros de Saúde queden sen Medica
ou Enfermeira e acúsannos de ser unha “película nosa”, para finalizar retirándonos
a palabra. Aínda que non saíu adiante, Tralas reclamacións dos pacientes e q
que CV denunciou a situación en prensa, se cubriron as vacación dunha das enfermeiras.
Polo que invitamos a toda a xente que este a favor de non perder nin un servizo
máis no Courel a que reclame formalmente cando o considere oportuno.
-
Botan balóns fora cando se pregunta sobre unha parálise
nas obras da Mellora da Estrada Lu 6531 ou cando se pregunta por 2 Multas que a
@Confederacion Hidrográfica lle puxo ó Concello.
-
Da Residencia séguese sen avances. Solo falan
dela en período electoral, sen preocuparlles nin o máis mínimo que nun concello
como o noso, a Residencia poida traer oportunidade laboral e de estancia para a
veciñanza.
- Tamén puxemos o foco en que no Courel, tras 1 ano do gran incendio, segue habendo pozos de carga sen auga ou con fugas.
Recorda que calquera suxerencia ou idea no la podes trasladar. Podes escoitar o pleno enteiro desde: https://drive.google.com/file/d/1ydPzdSEulHg3iKImRqzhUd0Wi-_lSWNz/view?usp=drive_link
[Pleno ordinario 05 de Marzo 2022 ]
-Proposta para solicitar a mellora do Servizo do SAF .
Como sempre votou NON a mellorar o Servizo, non quere mellorar a condición
laboral das traballadoras (Minuto 26:43)
-Proposta para Solicitar á Xunta para que cumpra cos
Gandeiros, que este ano quedaron sen cobrar parte dos gandeiros de
Ecolóxico(Minuto 54:00)
- Rogo sobre a erradicación de Mimosas que rebrotan en
zonas queimadas (Min 1.54:00)
- O tema da Residencia en período electoral ( anuncian
novas reunións, instancias...) despois de 15-20 anos prometéndoa, non teñen
vergoña de volvela sacar a menos de 3 meses das eleccións (Min 1:11:20)
-Aprobouse por unanimidade a solicitude urxente para o
arranxo das estradas do Concello (Min 1:38 )
- Aprobase por unanimidade o coche sanitario. Desde CV
pode ser un servizo útil para a nosa veciñanza, sempre que se use para casos
que o precisen e non sexa politizado , como acostuma a facer este equipo de
goberno (Min 22:20)
-Fixemos preguntas sobre o falta de información oficial no peche da estrada no Treito Ferreria- Seoane (anunciouse que se vai a pechar de día ), preguntas sobre o cableado da fibra óptica que leva máis de 6 meses tirada pola cuneta desde Quiroga a Seoane; preguntamos porque unha xornada de cogomelos e outra de apicultura , custa 6000€. Desde CV vemos moi necesario que se fagan cursos pero non que se malverse 6000€ en dúas xornadas (Desde o Min 1:44)
Enlace a escoitar o pleno:
https://drive.google.com/file/d/1iXZkxRT7RJQJf7e8Cqrn53vTGiQk2HVZ/view?usp=sharing
***************************
*******************************

**********************************************************
**********************************************************

**********************************************************



























Pleno Extraordinario Febreiro 2022
-Presupostos pouco participativos, ata envian á prensa o resultado da votacion do pleno antes de celebrarse o pleno.
-Perdemos presupostos, en parte porque perdemos poboación ano tras ano.
- Rogamos que se actue con aglomerado todas as estradas que arranxe o Concello.
- A inversión real non sube do 20 % do presuposto total , o que non chega para revertir a grave situación do Courel.
- Prazas vacantes de funcionarios, mentras se ten subcontratado servizos como o da praza de Servicios Multiples , que lle dan 3000€ ó mes a unha empresa para cubrir unha praza. Alegan que non chegan os 3000€ ó Concello para contratar directamente, pero si lle chega á empresa para facelo.
Escoitar pleno en : https://drive.google.com/file/d/1fH1ctjPvafe1TICso3d7_rJPlgMjBT6m/https://drive.google.com/file/d/1fH1ctjPvafe1TICso3d7_rJPlgMjBT6m/
Pleno Xaneiro 2022
Para escoitar o pleno gravado, preme no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1wWbrRfdSx1RTFZyWsA4jKRC7z7LHnYoD/view?usp=sharing
Indice:
Minuto 2:00 - (5:19 a 8:09) CV sobre a Residencia.
Minuto 9:00 - Renovación Convenio GES ata 2025.
Minuto 20:11 - Ampliacion Credito Megoxe. (Alcaldía di que xerará postos de traballo XDXD min 22:38 )
Minuto 24:27 - Levavabano no programa - Demagoxía Turismo
Minuto 26- 36:31 Museo da Labranza - Museo da Castaña
Minuto 36:47 - 41 Arranxo de Fontes - Ceza e Sobredo ||
Minuto 40 - Piden axuda de feismo para arranxar fronte a Casa da Alcaldesa
Minuto 1:06:20 - RogosePreguntas - renunciaron a solicitar cursosdeSAF, axudas a dedo da Xunta, torretasVodafone,
Minuto 1:11:37 - 1:16:43 reclamarEstradaPedrafita
Minuto 1:20:19 - 1:21 Transporte PosObrigatorio.
Minuto 1:21:05 - 1:22:30 Solicitamos axudas restaurar casas ata 80% (ARI)
**********************************************************
Pleno Ordinario Setembro 2021
Resumo do pleno ordinario celebrado este venres, onde deixamos un audio resumo e o pleno completo ( onde se pode contrastar o que a continuación resumimos ):
- O Equipo de Goberno vota en contra de solicitarlle á Xunta para @s moz@s que cursen estudos pos obrigatorios fóra. Desde CV mesmo calculamos de onde recortar para financiar ese servizo mentres a Xunta non o faga. Non queren nin solicitalo (minuto 7:00).
- Sobre a regularidade dos plenos, non cumpren a lei nin se quere cumpren a regularidade que marca a Lei 5/1997, do 22 de xullo (minuto 21:50).
- Sobre a proposta do PP sobre o Lobo, desde CV fixemos unha enmenda porque non vemos normal que por loitas de siglas entre Madrid e Santiago, saian perxudicados os gandeiros, xa que tralo anuncio da prohibición da caza, a Conselleria anunciou que deixaría de pagar os danos. Xa os pagaba tarde, e agora que anuncie que non os vai pagar(minuto 34.21 ).
- Desde CV levamos unha Moción de Urxencia sobre a actuación da Confederación no rio Lor , na que entre outras cousas, teñen proxectado eliminar calzadas centenarias de pedra. Foi aprobado por unanimidade solicitar que ditas actuacións se centren en limpar arbores caídos, poda, refacer pontes en mal estado pero que non se tiren as calzadas de chapacuña. Agardemos que desde a CHMS o teñan en conta.( minuto 41 )
- En rogos e preguntas tamén vemos como se perden axudas por non pedilas como Cursos de atención ós maiores. E respostannos que non a solicitaron porque “e difícil buscar 15 persoas co queiran realizar”. Desde CV vemos grave que por non pedilo, se perdan axudas tan importantes como estes cursos para SAF ou para persoal da futura Residencia... (minuto 1.22.42)
- Resto de rogos e preguntas de CV (minuto 1:07:22)
https://drive.google.com/file/d/1l-I7Dufd79tiLwGUk0NZ5Aw7vl-IQVH2/view
**********************************************************
Pleno Ordinario Xuño 2021
https://drive.google.com/file/d/1sg8hAi9YteJsddXuCKv2s3Tzv0FLcSAv/view?usp=sharing
**********************************************************
Pleno Marzo Presupostos 2021
***********************************************************
Pleno Decembro 2020 - Audio de Resumo+Pleno enteiro
A veciñanza, asociacións, empresarios e os grupos políticos unidos - deuse un berro de repulsa ó Plan de Transporte Escolar que a Xunta de Galicia, deseñou para o noso Concello. Unidade que tamén se viu reflectida no Pleno, á tarde. Xa que se presentaron 2 Propostas de Urxencia(Unha do PP e outra de C@urel VIVO e PSOE). A última delas, ESIXINDOLLE á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que rectifique e Modifique ou anule e se volva licitar a ZONA 27 de esta Contratación. Considerando o municipio de Folgoso do Courel como unha única zona e que se a Consellería non mostra sinais de rectificar. Desde o Concello, en coordinación cos transportistas actuais e antes de que aspire o prazo, se faga a denuncia pertinente polas citadas vulneración de normativas e discriminacións.
No Pleno tamén se aprobou
POR UNANIMIDADE solicitarlle a Unión Fenosa Distribuidora , que faga un informe
sobre a falta de servicio eléctrico entre o 4 e o 6 de Decembro que deixou a
escuras e sen calefacción a moita xente. PROPOSTA APROBADA POR UNANIMIDADE.
Queremos recalcar desde CV que a unidade fai a forza e que ogallá se practicase
máis a miúdo, en temas do ben común.
https://drive.google.com/file/d/1raNdUpM8YR9B7HNEEvgcV7VJtN-EHB7y/view?usp=sharing
**********************************************************
Pleno Setembro 2020 - Resumo
Podelo escoitar pulsando en Pleno Gravado (ten paciencia, xa que e un arquivo grande e tarda en descargarse)
-Solicitase
en Proposta que a Deputación de Lugo inicie o arranxo da Estrada LU -P-1303,
despois de 15 anos de paralización. Pasando PP e PSOE pola Deputación, sen
avanzar niso. Mesmo a Sra, Alcaldesa leva de deputada máis de 1 ano e non o
levou a Pleno na Deputación. Asegurándonos en pleno que o levarían en breves –
MINUTO 13:20
-Solicitase
o inicio da Residencia, á Deputación, e igual que coa estrada, aínda non
o levaron a Pleno no órgano que lle compete facelo; na Deputación. Aínda que o
prometeu nunha carta ós veciños, mesmo inaugurou a redacción do Proxecto nunha
xornada en Folgoso...Moito ruído e poucas noces – MINUTO 25
-Sabes
tamén que Xestionar as redes sociais ( facebook, instagram...) nos vai
costar 8.532 € ó ano (711 ó mes), e podes escoitar como defenden esa
medida. Prezo similar do que costou o "monólito" do Carbedo. Perdemos
servizos , cada día e desde o Concello, están a externalizar servizos e
malgastar fondos.
Mentres
sacan axudas como a de Axudas a Emerxencia Social
e que se quedan en PAPEL MOLLADO( non se beneficiou ningún veciño delas),
(MINUTO 57) xa que nos confirman que ninguén as pediu e “claro”, desde o Concello non lles da por axudar á xente que
máis o necesita sen que vaian a pedilo. Para tal Fin desde CV donouse 720€ para tal fin e parece que non se investiron,
aínda.
Pleno ordinario de Xuño do 2020 . Onde se debate, entre otutras cousas, un Transporte útil e efectivo en tódalas aldeas. Non saíu adiante. Podese escoitar desde: https://drive.google.com/file/d/1t85A45eMqwK1ouOi0PdicRK1dgk-aCT0/view?usp=sharing
**********************************************************
Pleno extraodinario de Maio. Axudas reactivación económica
https://drive.google.com/file/d/1-5wBC-wvoe8id60Xo_JmCHr6mTiMe0q_/view?usp=sharing
***************************************************************
********************************************************************
Pleno extraordinario 17/2/2020. Presupostos 2020
***********************************************************
Contas 2018 --4/11/2019
Sabemos que 37000 se van en carburantes, incluíndo calefacción de Centro de Saude de Seoane(7000€/ano) e Casa do Concello. Camión do lixo (8000€/ano). Parécenos demasiado e pedimos que se solicitase convenios para caldeiras biodisel e termosolar A interventora di textualmente que : Os contratos menores (<40000 15000="" 19.000="" 2020="" 20="" 9="" a="" advirte="" agardemos="" ano="" campa="" canteira="" caso="" concello="" contas="" contratos="" cv="" d="" da="" de="" dialogo="" do="" duraci="" e="" en="" encadeados="" enlace="" escoitalo.="" ese="" estabilidade="" estas="" estatuto="" facer="" faga="" fagan="" gui="" hai="" href="https://drive.google.com/file/d/174HuOoeslx_dZMReca6kBdivmcQX4BuI/view?usp=sharing" indefinidos="" informe.="" informe="" ingresa="" integro="" iso="" licitaci="" lle="" marzo="" min.="" n.="" n="" ndose="" nin="" no="" non="" o="" obras="" obxecto="" ocorre="" os="" para="" partir="" pedimos="" poder="" pois="" por="" pr="" prazas="" preguntamos="" presentan="" psoepp="" pulsa="" que="" rroga.="" sabemos="" sacalos="" saquen="" se="" seguinte="" ser="" servicios="" superior="" tam="" ter="" traballadores.="" traballadores="" un="" vai="" vulnera=""> https://drive.google.com/file/d/174HuOoeslx_dZMReca6kBdivmcQX4BuI/view?usp=sharing********************************************************************
Pleno Setembro 2019 ********************************************************************
Pleno Outubro(protexer marca courel, reclamar as pezas para o Courel,120m€ en area polideportiva en Sabane...). Pincha no seguinte enlace para ecoitalo:
https://drive.google.com/open?id=1VjZewlG2ecQVPPWhfA0Qp_PUeUqIu2Tg
*********************************************************************
Pleno extraordinario 05/outubro /2015:
Pleno 28/Agosto/2015:
Ningún comentario:
Publicar un comentario