Sabes que o custo da Area de Megoxe, será de 399,642,93€, dos cales 99642,93€ ponos o concello?
POR QUE NON ENTEDEMOS UNHA AREA COMO A PROXECTADA?
- Supón o gasto de preto de 400M€ , 99.642€ dos cales poñémolos tódos os Caurelás.
- Non contempla unha balsa en época estival, como si teñen noutros concellos para que serva para refrescarse. A profundidade da auga no verán , nesa zona, ronda os 60cm de media.
- Supón un desproposito o campo de volei, terrazas que rompen a estetíca e encanto da zona.
- O mantemento nuns anos, será caro, xa que leva madeira de pino no exterior.
QUE PROPOÑEMOS DESDE CV?
OS veciños do Caurel, levan anos reclamando unhaou varias zonas de baño. Zonas de baño no que pensamos todos e hai noutros concellos con rio.
Que sexa unha zona na que existan areas de sol e sombra, bancos e mesas para merendar, zonas de xogo para os nenos e mozos, e sobretodo que na área de baño se detivese a auga en época estival, facendo que a profundidade sexa a suficiente para poder disfrutar dun baño. A actual inversión non o contempla e outras áreas fluviais noutros concellos si o teñen; facendoa máis funcional.
Quen correrá cos gastos de mantemento?
![]() |
Prado da futura Área Recreativa de Megoxe |
O que ninguén nos solicitou nunca é unha pista de volei, nin terrazas.
![]() |
Pouca fondura nesa zona do Lor |
Non podemos convertir espazos únicos como o Courel en areas fantasma e desorbitadas.
Os que eiquí vivimos sabemos o ben que virian eses 400.000€ en
proxectos produtivos que creasen traballo e axudase a afincar poboación.
Desde a Xunta de Goberno non pensan na veciñanza,
se fose así acondicionábanse máis zonas de baño e máis económicas. Tampouco
pensan nos turistas cando o meirande parte da xente que nos visita, faino non
para xogar a voleipraia nunha area de baño onde o rio non ten a profundidade
necesaria para cubrir, faino porque a propia paisaxe e riqueza natural do
Courel, os chama. Entón solo cabe pensar que a gran inversións se fai con
outros fines distintos ós do interese xeral.
![]() |
campo de volei |
Unha das cousas que nos levou a crear C@urel
Vivo, foi ver como no Caurel, viamos que se malgastaba diñeiro público sen
cabeza. Decimos sen cabeza, porque aínda recordamos unha Area recreativa de
Traspando 57000€ (ten uns bancos e arbores, nun recinto pequeno). Inversións sobre
presupostadas pero que non resolven a falta de servizos básicos. Hoxe aínda hai
aldeas con moi mala cobertura, non hai transporte público regular, non hai
residencia de anciáns despois de adicar presupostos para ela en varias
anualidades, non se está a traballar para afincar poboación...
A Xestión neste concello é nefasta. Dos 1.549.567€
que se xestiona este ano, solo se inverte
o 15,91% a Inversións Reais, co que non se pode mellorar os servizos nin gañar
poboación, que deberían ser dúas grandes prioridades do Equipo de Goberno.
Dese 16% en inversións reais, son en
obras desorbitadas e nada produtivas. Así é como queren asentar poboación?
Desde CV propoñemos unha area de baño como teñen noutros concellos e que serve perfectamente para o interese común da veciñanza:
Ningún comentario:
Publicar un comentario