PROPOSTA PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

PROPOSTA PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL

  MOCIÓN PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL Proposta presentada polo grupo municipal de C@urel Vivo (CV) ó P...

Buscar neste blog

sábado, 15 de febreiro de 2025

PROPOSTA PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL

 

MOCIÓN PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL

Proposta presentada polo grupo municipal de C@urel Vivo (CV) ó Pleno do Concello de Folgoso do Courel para a súa discusión e aprobación.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Concello de Folgoso do Courel enfróntase a unha situación de despoboamento e envellecemento poboacional que fai imprescindible reforzar os servizos sociais no territorio. A poboación maior de 80 anos supón unha porcentaxe significativa dos habitantes do Courel, moitos dos cales residen en aldeas dispersas con acceso limitado a servizos básicos.

Nos últimos anos, moitos usuarios con Graos de dependencia recoñecido viron como se lles reducían horas e mesmo se lles quitaba o servizo, por unha mala previsión  e planificación do servizo e desde o Concello.

Desde CV presentamos varias propostas para mellorar a situación do servicio e paliar

a falta de persoal, “mellorables” condicións laborais do SAF e falta dunha boa planificación desde o Concello, tamén afecta ó empeoramento de condicións laborais das traballadoras do SAF e non axuda a captar novas incorporacións.

Desde CV , vemos que noutros concellos que tiveron situación semellantes, lles funcionou solicitar obradoiros Duais de formación de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO. Foi o caso de Concellos como Cualedro e Oímbra, Baiona e Nigrán, Coiros, Verín, Arteixo…etc



Beneficios que desde CV, cremos que ten a Creación do Obradoiro de Atención Socio-sanitaria

1.       Acceso á formación sen ter que saír do Courel: A veciñanza que queira obter a titulación en Atención Socio-sanitaria poderá facelo sen necesidade de desprazamentos longos, aforrando tempo e cartos.

2.       Atracción de alumnado doutros municipios: A posta en marcha deste obradoiro podería converter ao Courel nun punto de referencia para a formación en servizos sociais, traendo persoas interesadas en estudar e traballar na zona.

3.       Creación de emprego estable: Unha vez rematada a formación, moitos dos participantes poderían incorporarse ao servizo de axuda a domicilio ou a outros programas sociais, xerando postos de traballo no municipio.

4.       Mellora da calidade de vida das persoas maiores e dependentes: Ao contar con máis profesionais formados no propio concello, poderase garantir unha atención máis próxima, rápida e eficiente. Permitiría que moitos veciños e veciñas puidesen permanecer no seu fogar con máis seguridade e benestar.

 

Dado o envellecemento da poboación, a necesidade de reforzar os servizos sociais no rural e a oportunidade de crear emprego local, consideramos que é fundamental poñer en marcha un Obradoiro de Servizos Sociais no Courel.

Por todo o exposto anteriormente, desde o grupo municipal de C@urel Vivo solicitamos:

1.       Que o Concello de Folgoso do Courel (se quere , xunto a outros concellos ) presente para o ano a- Subvención a obradoiros duales de emprego a Obradoiro de SSCS0108/ ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO.

2.       Que paralelamente se busquen activamente liñas de financiamento a través de fondos europeos, autonómicos e provinciais para garantir a viabilidade do Servizos Sociais no Courel.

3.     Que tras unha edición deste Obradoiro, se contemple solicitar SSCS0208/ ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS para a formación de persoal para a futura Residencia. Que sen dubida, tanto necesitamos no Courel.

 

 

Folgoso do Courel , a  12 de Febreiro de 2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario