Informámosvos brevemente da reunión que tivemos os grupos da terra de Lemos en Santiago, co Conselleiro de Sanidade, Director do Sergas e demáis
Do Courel fomos os representantes dos 3 grupos municipais e falamos das necesidades para a nosa zona. Según a Xunta de Galicia:
-Non hai persoal necesario para cubrir as vacacións (Con contratos estables e non de días, e máis inversión para zoas como o Courel, claro que é posible).
- Non hai profesionais que queiran vir para zonas como o Courel (Pero se poñen mais recursos para estas zonas e incentivan a eses medicos, claro que habería. Se coñecedes a persoal sanitario que desexe traballar aquí, non dubidedes en decirnolo).
-Queren potenciar a atención telefónica e médicxs que se deplacen por varios concellos para atención a domicilio( están a dicir que non hai médicos para os Centros de Saude, e querennos facer crer que buscarán médicos especiais que se desplacen polas casas).
Fixemos fincapé en que eles eran os que tiñan que buscar as solucións pero que non podia haber dous centros de saude cun so efectivo. Atendendo 3 horas en cada centro e en que, se deixaran de ter contratos precarios por días , igual os medicxs e enfermeirxs non marchaban, como pasou . Aínda hoxe hai xente con contratos pouco estables, que estarían encantados de traballar todo o ano en lugares como o Courel.
!! O que nos quedou claro e como nos durmamos e non actuemos todxs xuntxs , no Courel, siguén recortando servzos, desde a Xunta !! Activate !! Revive ó Courel !!
Este Venres 25, ampliamos información na reunión convocada as 20.00 no Ponton, Ferreiros de Abaixo e calqueira dúbida ou consulta, facéndenola chegar.
xoves, 24 de agosto de 2017
Home
Unlabelled
Reunión que tivemos os grupos da terra de Lemos en Santiago, co Conselleiro de Sanidade, Director do Sergas....
Reunión que tivemos os grupos da terra de Lemos en Santiago, co Conselleiro de Sanidade, Director do Sergas....
Compartir esto
About C@urel vivo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario