No Concello de Folgoso do Courel, seguimos problemas sanitarios graves. Fai uns meses, nunha xuntanza co Conselleiro de Sanidade, asegurábanos que querían achegar a sanidade ó paciente e mellorala. Tras recalcar a problemática no noso concello. O señor Ramón Ares (xerente da área sanitaria lucense), respostounos con "desculpas": que se
no verán non tiñan persoal suficiente (con contratos precarios e de curta duración é difícil conseguilos).
Agora estamos no Outono e seguemos nas mesmas. Esta semana so temos un Medico para 2 centros de saúde e a maiores, un dia desta semana deuse o infortunio que cunha urxencia, quedaron os dous Centros de Saúde sen ningún médico en toda a maña.
Non lles chega con afogar á Montaña, con non investir un can nin en estradas, nin na residencia, nin en farmacia de garda, nin en nada. Senón que nos recortan o pouco que temos.
Sen ir máis lonxe, o Cuartel da Garda Civil de Seoane, no que se investiu diñeiro publico fai 3 anos , esta desmantelado , ata o punto de que para poñer unha denuncia, te mandan a Monforte, Pedrafita ou Samos.
As comunicacións de internet estiveron cortadas para a maioria de conexións, esta semana enteira, entre elas en Abanca que non puído traballar normalizadamente. Foi unha avería sí. Pero pensades que se fose en Lugo, estarían 1 semana ou 2 sen servizo????
Ó Calado, están acabando co Courel e a C@urel vivo non nos van calar. Temos tanto dereito como calquera outra zona de Galicia de recibir unha boa atención nos servizos básicos.
Máis en :
http://praza.gal/movementos-sociais/15271/folgoso-do-courel-un-exemplo-practico-de-abandono-do-rural/
luns, 23 de outubro de 2017
Home
Unlabelled
A Xunta segue sen cubrir as prazas médicas no Courel
A Xunta segue sen cubrir as prazas médicas no Courel
Compartir esto
About C@urel vivo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario