Un día de decembro, aínda no outono, un tráiler recibía ordes de deixar no Courel 52 pacas de palla, ao carón da estrada LU-P-5601.
Se
esas pacas as imos comprar un particular para as nosas casas, ronda uns 11 cént/kilo. Se
de media pesan 270kilos cando as descargaron. (Se as pesan logo dun mes a
intemperie igual dobran o seu peso orixinal) e deixaron 52 unidades.
É doado imaxinar
o importe de euros públicos que desde o
distrito ou a Xunta ou quen fose, iso si ; con diñeiro de todas e todos nós.
Esta semana leváronas o medio do monte, espalláronas no monte chan.
Xa preguntamos a través do grupo En Marea, no parlamento de Galicia, cal é o motivo deste despilfarro. O cal nos contestará a conselleira en breves.
Queremos facer un chamamento desde a nosa humilde formación para que o diñeiro público se invista con cabeza.
O monte claro que necesitaba de axuda para rexenerar, pero non 3 meses despois trala invernía que pasou.

Non e nin medio normal que non teñamos a veces médico no Centro de Saúde por mor dos recortes do Señor "Nuñez Feijó" ou que estemos incomunicados pola neve por que a Deputación non planifica correctamente ou que estemos sen teléfono 10 días; e logo fagan estas cousas. Porque non só foi no Courel, de seguro que fixeron isto e moitos máis sitios. .
Non sendo dabondo , o día 24 de Xaneiro(logo de reclamalo no Parlamento); chega un novo trailer de pacas para sembrar. Traeno de noite para que non se entere a xente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario