Resumo Pleno Febreiro 2018 - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

sábado, 24 de febreiro de 2018

Resumo Pleno Febreiro 2018

A continuación deixámosvos o audio onde se pode escoitar como o equipo de goberno funciona como unha apisoadora coas propostas doutros grupos que non son eles. Votando que non ás nosas propostas , aínda que logo as presenten eles. Sobre todo o que se presenta, contestan que xa levan moitos anos traballando neso e que esperan resultados cedo. Aínda que non lles guste escoitar a nosa voz nin as nosas ideas, desde C@urel vivo, seguiremos presentando ideas e propostas e rogando unidade en temas importante e básica para que soe cunha soa voz nas administracións pertinentes e poidamos acadar retos que levan anos no caixón.

Resume: 

  • Sobre a residencia, segue sen entenderse entre Deputación e Concello, xa que uns escúsanse noutros de que as obras non teñan comezado aínda. Xa tendo o proxecto aprobado por parte de Suplusa. 
  • Mándaselle á Xunta unha proposta do PSOE de transporte público no Courel. Foi aprobada por unanimidade. 
  • O ministerio non quere ceder 2 plantas que non está a usar e que eles mesmo recoñecen que están en malas condicións, porque segundo eles pode supoñer un risco para os axentes. 
  •  O PP tumba a proposta de C@urel vivo de solicitarlle a Xunta que nos compren unha minipala para desbroces e obras . Como fai con outros concellos onde lles facilita tractores, motobombas, etc . O PP, ten moito medo ,á hora de aprobar propostas que sexan pedirlle á Xunta. Non ten sentido que tombasen a nosa moción, polo mero feito de presentala nós. Demostra infantilismo e pouca visión de unidade á hora de reclamar cousas que non atenden a ideoloxías, senón o ben do noso Concello. 
  • Rexeitan a nosa moción que falaba de camiñar cara a declaración Municipio de interese turístico (presentada xa fai tempo) e logo preséntana eles. Aprobámola por unanimidade. 
  • Votan que non a saber quen é o dono do castelo. Entendemos que é moi traballoso aprobar unha moción e pedirlle a facenda os datos de titularidade do castelo. 
  • Levan a pleno medidas de fixación de poboación que se quedan en papel mollado e non servirá para tal fin. Ogallá nos equivoquemos. 
  •  O PP ten asumido que un so médico serve para atender no Courel (por palabras deles que se poden escoitar no audio -"a maioría das horas non teñen xente no Centro de saúde") 
  • O PP funciona como unha apisoadora porque solo valen as propostas e ideas que eles teñen. As dos demais, ou as enmendan (como fan coas do PSOE) ou as desbaratan como fan cas nosas. Poñendo como escusa que levan moito traballando xa niso. Ou traballan para outro Concello ou é unha escusa recursiva que usan para non facer nada que veña dos que non pensamos como eles. 
Audio onde se pode escoitar: preguntas, resumo e pleno enteiro; por esa orde.





Ningún comentario:

Publicar un comentario