Vendo o Novo plan de transporte e os novos contratos que a Xunta ten previsto adxudicar a finais do 2019. E lendo este novo plan, que está ainda en borrador; vemos necesario ter unha liña de transporte publico no noso concello. Xa o pediamos na mócion presentada no 2016, e outra no 2018 que presentou o Psoe e foi aprobada por unanimidade.
No Courel precisamos con urxencia unha ruta de transporte público que nos una cos concellos lindeiros (Pedrafita e Quiroga), por exemplo os días de feira de Seoane , Folgoso e 2 días á semana.
Non podemos quedar fóra de novo como a Xunta ten previsto vendo o borrador das rutas que vai subvencionar (porque non son rendibles pero si necesarias).(engado pantallazo do mapa que a xunta ten e onde se ve claramente que nin unha sola ruta pasa polo noso Concello)
Como xa fixemos, por medio do grupo de En Marea , no Parlamento Galego, presentaremos de novo unhas enmendas para que sí se inclua ó Courel neste plan. E nos deixen de recortar servizos basico para nós.
Xa que tanto nos bombardean que é a lexislatura do rural, terá que ser sobretodo para o rural máis doido demográficamente e non só para ese rural que lle interesa o Partido Popular de subvencións a fillos de Conselleiras e empresas amigas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario