O PP vota non a que todolxs concelleirxs reivindiquemos conxuntamente o ensanche e mellora da estrada de Seoane-Pedrafita
Tampouco lle interesa o PP votar a favor para máis transparencia ó seguinte:
Cando desde o Concello se licite unha obra, establecer nos pregos a prohibición expresa da subcontratación de toda a obra. Podendo ser a suma das partes que se poda subcontratar como máximo do 50% do importe da súa adxudicación.
As empresas subcontratadas quedarán obrigadas só ante a empresa contratista principal, que asumirá a total responsabilidade da execución do contrato. Así como o pago directo do traballo, que recibiran de parte da empresa adxudicataria.
Para obras menores, por transparencia e aínda que a lei non o obriga, solicitamos que se faga por procedemento aberto tódalas que superen os 6000 euros de importe. Que agora se fai cás de por enriba de 40.000 se son obras e 15.000 se son servizos.
Pedimos por dereito democrático, por transparencia no gasto de diñeiro público, e por dignidade política. Que se aprobe dita moción.
Na sección de plenos gravados , podedes ver tódolos plenos gravados , incluindo este. As mocións debatidas, foron:
domingo, 2 de setembro de 2018
Compartir esto
About C@urel vivo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario