No pleno celebrado onte día 28 de Decembro, comunicamoslles que foi aprobada a proposta de C@urel Vivo na que se lle solicitaba a Xunta o cambio de nome da comarca de Quiroga polo de Comarca do Courel.
A posicion dos dous concelleiros do PSOE, ó primeiro ianse abster xa que consideraban que "non era importante" , e logo vendo que o PP votou a favor , o Psoe tamen votou a favor, polo que se aprovou por unanimidade.
Desde C@urel Vivo aceptouse a enmenda do equipo de goberno no que se pedía mandar aviso da solicitude, tamén os concellos afectados. Desde a nosa formación vemos moi importante que se avance na internalización do nome como marca, para dinamizar o turismo e os productos de toda a comarca.
Os Rogos presentados foron:
1. Xa que cambiou fomendo, rogamos que se volva pedir de novo o Acuartalamento de Seoane, ao Concello para local social, o que no n está a usarse.
2. Solicitar máis solta de Torymus . Dixeronnos que van vir na primaveira facer charlas e con máis soltas para paliar a praga.
Preguntas
- Problema grabe co centro de saúde onde non se esta a cubrir a praza de Seoane. Dixeron que para Xaneiro se arreglaria ????...
- Preguntamos sobre un gasto de 11.000 que se gastaron nun campo de traballo. Respostaronnos que foran cartos aportados o 80% pola Xunta de Galicia.
- Sobre a Residencia, respostaronnos que en Xaneiro van comezar xa estaría o proxecto listo e comenzara a licitacion.
- Sobre a Estrada LU1301 Seoane- Pedrafita ... "din que están apunto de dar o ultimo permiso da Xunta á deputacion"
- Solicitamos tamen que os desfibriladores que se concederon , tras unha moción presentada por nos, se expoñan en lugares publicos para que a poboación poida facer uso deles, como fai en outros lugares... que están expostos e accesibles a todxs.
- Sobre a mellora da cobertura no Courel ...está pendente de colocar unha antena GSM na parroquia de Meiraos, e outra prevesiblemente en Sobredo que cubra o val de Ferreirós....
- Pedimos mellora de sinalizacion . Agrupar sinais, onde hai moitas xuntas. Poñer unha grande e curiosa que non ocupe o cruce enteiro.
- Contratar a unha empresa para traballar no Concello pagandolle case 3000€, contratar a unha persona directamente sería o seu.
- Pedimoslle que se solicite a Fomento mellor rotulacion do noso Concello na A6
Para xaneiro, subiremos o audio integro de todo o pleno á seccion das gravacións...
Boas Festas para todxs
Ningún comentario:
Publicar un comentario