Desde O Goberno Local, quéresenos casar con formación políticas alleas.
C@urel Vivo -PDDG é un partido instrumental con xente de Caurel e que solo se
debe a xente que mora en Caurel. Non traten de desviar a atención co que levan
feito ou diñeiro de todos que levan dilapidado.
O Courel necesita xa un alcalde que deixe de pensar en pasar dietas e
reViva o Courel desde o Courel . Vivir no Courel, cando se cobra do Courel,
debería ser obrigatorio.
Din que solo cobran dietas porque antes as adiantou. Collamos un mes o
azar: 406,60€ entre 0,19€ /km . Sae 2136 kms no mes. Moito viaxa, sra
Alcaldesa, agora se entende por que os veciños/as se queixen de que non a
atopan no Concello. Pero claro, non é para dar solución os problemas principais
do Caurel. Pirineos, Madrid, a conta do Concello...
Non lle imos falar do que facemos ou fixemos, sen un € público. A
xente daiquí ben o sabe. Vostedes pola contra, presumen de postos de traballo
que financian outras administracións, de inversións...que baixo o meu punto de
vista son malversar:
- Gastan
8000€ nun monólito que poñen no Carbedo, 800€ na propaganda dela. 300€ en
colocala. Logo gastan ó ano 3824€ en mantemento informático . 2904€
a unha consultora informática. E tantos outros gastos exorbitados.
- Gastan
€ nun calendario, que como xa enviamos nós antes, o envían. E teñen a
pouca vergoña de pagalo con diñeiro público e repartilo co coche do
GES, conducido por persoal do concello a case tódalas casas.
- E a
maiores envían esta carta sen selar nin autorización algunha de Correos.
Esta forma
de gobernar que teñen , sen escoitar a oposición e malversando, parécese máis a
tempos negros que a unha democracia do sec XXI . Por dignificar á política e
facela transparente entramos en política e por afastar a xente como
vostedes dela , que o único que fan e dividir en vez de unir.
Solo contando que estivésemos nos no goberno, cobrando 300€ menos de soldo
, eliminando mantementos absurdos que fariamos nos....o Courel
aforraría este ano 9000€.
Que raro nesa carta que non falen das subvencións que perderon por pedilas
mal. Ou de cando grazas a solicitalo nós, se abriu unha nova convocatoria
e se contrataron a outra brigada no 2017, no Courel. Nin fala de todo o
que ten incumprido do programa electoral pasado, recordase dese muíño que ía
arranxar en Folgoso.... ou das charlas que ían a dar do parque natural...
Porque non enviou esa carta cando saíu o catastrazo e a xente non se
enterou para reclamar a tempo.
Porque non saca os dentes ca Xunta cando , nos ten so cun médico.
Porque non quere manifestarse pola estrada e a residencia, perante a
deputación en Lugo??? Moito falan e logo reclaman en baixiño. Para que non se
enfade o dos Peares.
O tempo apértaa e teñen os deberes sen facer.
Poden enviar as cartas que desexen. A conciencia de C@urel vivo ( coas máis
de 40 propostas que fixemos, Cursos e Xornadas ,sen contar con un solo €
público para facelas), témola moi tranquila.
Reclamamos un plan para Courel, tódolos anos en Bruxelas...
So nos preocupa que no queira ir da man en cousas importantes e prefira ir
en solitario. Coma cando fomos falar co conselleiro a Santiago e fomos cadaquén
nun coche, xa que rexeitaron o convite de ir xuntos para facer máis presión.
Un saúdo e que lle vai moi ben na etapa que estea fóra da política
Ningún comentario:
Publicar un comentario