Reducción de plenos pero non de salarios nin dietas, no Courel - C@urel vivo

LogoReducido

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

PROPOSTA PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL

  MOCIÓN PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL Proposta presentada polo grupo municipal de C@urel Vivo (CV) ó P...

.com/img/a/

Buscar neste blog

mércores, 3 de xullo de 2019

demo-image

Reducción de plenos pero non de salarios nin dietas, no Courel

IMG-20190615-WA0037
No pleno de organización desta lexislatura, vimos como se pasaba de 6 plenos ó ano a solo 4. Reducen así, o control da oposición, e que non poidamos levar os problemas da xente en tempo. Quedando cada 3 meses, último Venres de Marzo, Xuño, Setembro, Decembro e ás 17:30 da tarde.

 Reflicte unha vez máis, a opacidade coa que se goberna.
- Os salario seguen sendo, en 2300€( + dietas) para a alcaldesa e 300 para o Tenente de Alcalde encargado de Medio Rural e obras, que seguira levando J.A . Crean tamén outra tenente de alcalde ( que levara igualdade, redes sociais, cultura, tempo libre..), que obstentará a sra Vergara.

O salario da alcaldesa, foi botado a favor polos 5 menbro do PP , Abstención do PSOE. Os dous de C@urel Vivo votamos en contra, por considerar pouco ético cobrar o dobre que algúns traballadores do Concello.
Neste punto, pedímoslle a sra alcaldesa, a ver se polo menos non pasa 400€/mes de dietas, coma en algún mes da lexislatura pasada.

A sra Alcaldesa, segundo a prensa, será Deputada, pero seguirá cá  dedicación exclusiva no Courel. Ante esto, afirmounos que seguirá adicando o mesmo tempo ó concello. Iremos vendo, como fai para estar nos plenos da Deputación e no Concello á vez.

Na anterior lexislatura, cinco persoas no equipo de goberno e moitas veces, no concello non se atopa ningunha delas.

Nomeouse tamén os representantes do concello, e facer mención de que a sra Vergara será a encargada de ir ás reunións do Consello Escolar, sabendo que non vai ir á elas; como nos recoñeceu no pleno.(na anterior lexislatura tampouco foi a elas). Se non pode ir a elas , porque se pon de representante?

Pedimos que á Xunta de Goberno, vaian so as contas diarias, facturas a proveedores, temas de urxencia... E que das obras se decida en pleno. Xa que nas Xuntas de Goberno é onde se cociña ó gusto dun único partido, sen representación da oposición. Pero eso non lles interesa...
A gravación do pleno, pódese ver nuns dias na sección de plenos gravados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MENU