No pleno extraordinario do pasado día 27, aprobáronse
unhas axudas por unanimidade, entre os 3 grupos políticos, que levou á pleno o
equipo de goberno.
Desde CV valoramos
positivamente esas axudas, e tamén que se tomasen en consideración algunhas
das medidas rexistradas por nós o 7 de maio, perante o Concello.
Consideramos, pois,
necesarias esas e outras axudas que se poidesen dar para reactivar a economía
e emprego local. Para elo, desde a agrupación de CV rexistramos un documento
para que se dispoña dos € que nos correspondían por plenos, durante o 2020, ós 2 concelleiros (144€/pleno).
Convidamos, dende
aquí, a que os demais concelleiros/as fagan o propio.
En canto ás
axudas, completaremos nesta publicación as condicións , polo miudo,
en canto saian publicadas no BOP
Axudas aprobadas:
1.
Autónomos e pemes que
tivesen que pechar - Ata un
máximo de 1000€
2.
Axudas á emerxencia
social . Desde CV solicitamos que se concedesen
como vales para gastar no comercio local, para tentar reactivalo e que o
diñeiro quede no noso concello. Tamén solicitamos axilidade. As axudas
deberíanse conceder canto antes, dada a situación de confinamento e parálese
económica.
Desde CV non vemos lóxico que
se anuncien ditas axudas semanas antes de que se leven á pleno, como se xa
estivesen aprobadas. Tanto pola confusión que crea nas persoas interesadas,
como por menospreciar a función do Pleno; como ferramenta da democracia,
de debate e diálogo entre todas as agrupacións ás que á veciñanza nos deu
a confianza de representalos/as.
Ocorre o mesmo con anuncios doutras administracións que usan a mesma praxis. Como o anuncio nas redes sociais que o Concello e a Xunta de Galicia publicaron o 21 de Maio sobre o Plan de Axudas para a Dixitalización e que hoxe, a 29 de Maio aínda non sairon publicadas no DOGA.
En canto a recén
actualizada web do Concello, sen entrar a valorar o deseño e acabados da
mesma; vemos ben que se ofrecese máis e mellor contido á veciñanza, aínda que
segue a estar coxa en transparencia . Moi lonxe de outros portais, de
concellos, gobernados polo Partido Popular , como a de paradela http://www.paradela.es/es
Ningún comentario:
Publicar un comentario