Desde CV imos a presentar para debateer no vindeiro pleno de Marzo , que o Courel sea incluido no programa que sacou a Xunta fai uns anos. O servizo consiste en que un autobus con servizo de revisión de podoloxía, oculista, e estimulación da memoria, se desplace tres veces ó ano o Courel. Isto sería moi necesario no noso concello, xa que hai moita poboación maior e para revisar ditos servizos, temos que desprazarnos, en ocasións a 1 hora da casa.
Dito servizo xa o solicitamos en pleno e asegurousenos que seria no 2020 cando chegaría. Agora que se estabilizou a situación COVI , non vemos porque a nosa veciñanza non está contando con ese servizo. Proposta completa:
MOCION que presenta
o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo , Oscar Carrete Lage , diante do
Concello –Pleno de Folgoso do Courel para solicitar o servizo Coidados Porta a Porta, que inclúe revisión
de podoloxía, oculista, e estimulación
da memoria, tres veces ó ano no Courel.
EXPOSICION DE
MOTIVOS
O servizo REDMAY ou Coidados porta a
porta, que segundo a paxina da Xunta,
conta con 8 autobuses e ira visitando gran parte dos concellos galegos. A
realidade é que na rúa non se ven.
En tempos pre-COVI, desde CV
solicitámoslle que pedisen un servizo que estaba a funcionar ben desde o SERGAS
que consiste en ir cun autobús polos Concellos e revisando a pacientes que o
solicitan sobre podoloxía, estimulación
de memoria, oculista, etc.
Para un concello como o noso , sería moi
necesario contar con este servizo. Vendo
que está a funcionar noutros municipios, non vemos razón para que no Courel non
o teñamos.
Neste pleno díxosenos que se solicitaría e
mesmo que chegaría no 2020. Dous anos despois e trala volta á normalidade,
seguimos sen este servizo.
Desde CV consideramos que no Courel ,
tendo unha gran parte de persoas maiores, e estando a máis dunha hora do
hospital de referencia (en algún caso); merecemos que o Sergas nos incluía neste itinerario. O servizo Coidados Porta a Porta (antigo
REDMAY) é un servizo que lle sería útil para toda a
veciñanza, tanto en sanación de doenzas como en prevención.
Por todo o anterior, proponse o seguinte ACORDO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario