Coa intención de facer públicos os acordos que se levan a cabo nos plenos municipais e tratando de achegalos a tod@s. Dende C@urel vivo imos a facer un resumo dos acordos alí acadados, xa que é a única maneira de que moitas veciñas e veciños, que non se poden desprazar ata o Concello, saiban o que se trata neles. Así como coñecer os puntos a tratar nos seguintes para que poidades asistir, se vos interesa o punto a debatir.
O pleno do dia 25 de xuño de 2015 tivo entre os puntos
máis importante:
- Proposta de soldo da Alcaldesa en 2300 euros (1734 netos) e do tenente alcalde primeiro en 300 euros mensuais. Dende C@urel vivo fixemos a enmenda de que nos segue parecendo excesivo ese soldo para un concello de apenas 1000 residentes. E respostamos á pregunta da alcaldesa de cal era o soldo digno que nos parecía a nos; que 1500 euros netos é un salario digno para ese cargo, xa que o salario de cidades españolas como Barcelona, con 3 millóns e pico de habitantes, apenas sobrepasará os 2000 euros. Ainda vemos peor que haxa dúas pagas por adicacións no concello. A medida foi aprobada con votos a favor do PP, sorprendeunos que o Psoe se abstivese e C@urel vivo votamos en contra.
- Proposta da creación dunha Xunta de Goberno para que aprobación de obras, concesión de licencias e demais labouras que atinxen por natureza ó pleno municipal, xa non teñen que ser aprobados no pleno, senón que chegue con que as aproben na Xunta de Goberno ( formado solo por membros do PP). Desde C@urel vivo votamos en contra xa que os partidos da oposición e os veciños enterarémonos de obras, lizenzas e demais adxudicacións, unha vez sexan aprobadas nunha Xunta de Goberno formada solo polo PP e podendo dar lugar a falta de transparencia, amiguismos, lizenzas aprobadas dependendo de quen as solicita (como ten ocorrido en outros concellos, polas creacións de esas xuntas de goberno). Fixemos a enmenda de que todas as lizenzas, adxudicacións e obras superiores a 2500 euros se debatesen antes no pleno. E se fose de urxencia se podía convocar un pleno extraordinario. A medida foi aprobada polos votos do PP, en contra votou C@urel vivo e o PSOE.
Os plenos ordinarios quedaron fixados o último venres de cada mes par, ás 20.30, sendo de 6 ao ano. Foi aprobado
por maioría absoluta xa que nos pareceron horarios e frecuencia normal dos
plenos para que poida achegarse todas as veciñas e veciños que así
o desexen.
O resto de medidas de repartición de cargos internos
do equipo de goberno as cales non deben ser valoradas por nos , polo cal nos
abstivemos.
Ao finalizar o pleno. O noso concelleiro
preguntoulle se tiñan pensado facer algo e pedir os arranxos dos malos
traballos levados a cabo pola empresa de mantemento das estradas que unen Hospital
- Folgoso , Folgoso - Froxán etc. Desde a alcaldía indicou que foi reclamado e que están
a espera de que lles contesten. Estendemos o noso apoio para tomar medidas en
conxunto tódolos grupos municipais, notas de prensa ou o que vexamos
oportuno ata que as estradas as arranxen dignamente e sen risco para os
usuarios. Agardamos a que lles digan o resultado que da a
Deputación e /ou Xunta de porque as deixaron " malintecionadamente "
parcheadas con grava en vez de aglomerado antes de que termine o mes de Xullo
poidan estar en perfectas condicións.
Desde esta formación estamos a vosa disposición para
presentar propostas nos plenos, ou tratar calqueira asunto. Invitámosvos a ir a eses plenos (o proximo sera o último vernres de Agosto) así como as Asambleas que realizamos no Courel dúas veces o ano. A vindeira será a segunda metade de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario