Dende C@urel Vivo, queremos facer públicos os nosos gastos nesta campaña que foron de 362,41€ entre carteis, dípticos informativos, papeletas e sobres etc...
O gasto total foi sufragado a escote entre os 11 integrantes que fomos na lista, e obtendo todo o imprescindible para facernos ver e oír en todo o Concello.
Querémoslles dar as grazas ao apoio de toda esa xente que entende dun xeito diferente a vida política e social así coma ao compromiso de decenas de persoas que asumiron a responsabilidade de traballar día e noite para poder termos voz e voto nos plenos e nas decisións que atinxen ó noso concello.
Finalmente, non poden esquecérsenos todas as persoas anónimas que colaboraron, ben repartindo panfletos, pegando carteis, facendo pedagoxía coa xente, etc.
En C@urel Vivo estaremos no concello esixindo transparencia (ao igual que facemos nos) e propoñendo ideas constructivas para o noso Concello e os nosos veciños. En breves seguiremos coas asambleas abertas que tan productivas foron ata o de agora para achegarnos ás necesidades da xente.
martes, 16 de xuño de 2015
Compartir esto
About C@urel vivo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario