- C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

venres, 30 de outubro de 2015

Recordarvos, o 30-10-2015, ás 20.30 hai pleno na Casa de todas as C@urelás e C@urelaos. nos que se debateran entre otros, as seguintes propostas que propomos : 1- Que se inicien os trámites para a finalización da obra de Residencia de Maiores-Centro de día de Folgoso e a súa posterior posta en marcha. Doce anos nos que se fixeron investimentos de máis de medio millón de euros e se levan deixado perder máis dun millón de euros. Entanto, o edificio segue baldeiro e cun deterioro evidente das súas instalacións. Que se abra unha comisión de investigación para dilucidar en qué foron investidos os fondos destinados á Residencia de Maiores. 2-Reparto máis equitativo das axudas culturais para as festas e solicitar máis xornadas culturais e de ocio, xa que pesar de vivir nunha zona afastada de cidades ou áreas onde a oferta cultural é maior, dende o Goberno Municipal non se fai un esforzo importante por achegar estes eventos aos veciños e veciñas da zona. Tanto a Xunta de Galicia como a Deputación de Lugo promoven a realización de eventos culturais (teatro, música, monicreques,... 3- No caso de solicitarse novos obradoiros de emprego, estes enfocaranse á conservación do patrimonio paisaxístico, arquitectónico e cultural que posúe o Concello, de xeito que contribúa a mellorar o atractivo turístico da zona. A maiores, dar prioridade aos traballos de roza de faixas de protección para a prevención e defensa contra os incendios forestais de canto menos 25m no entorno dos núcleos .Así mesmo deberanse manter limpos camiños veciñais que rodean os pobos. Estes traballos serán realizados polo GRUMIR e polas brigadas de prevención e defensa contra incendios contratadas no verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario