Alimentando un "negocio redondo", mentras o Courel esmorece por falta de inversións produtivas!!! - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

venres, 5 de xaneiro de 2018

Alimentando un "negocio redondo", mentras o Courel esmorece por falta de inversións produtivas!!!



Querémosvos achegar unha tomadura de pelo que a Xunta de Galicia, novamente nos fai ós Caurelaos.

Tras un lume que arrasou unha ladeira na parroquia de Meiraos o Pasado 11 e 12 de  Outubro.   O cal , custou a maiores da fauna e flora no  ardido;  a destrucción dunha modorra polo Bulldozer (unha vez xa o incendio estaba controlado).

Tratándose dun lugar pendiente  e vendo que todalas previsións decian que as escorrentías  do inverno, lavarían cinza da ladeira. Daba conta de que se precisaba un labor de rexeneración e contención da cinza canto antes.
Non imos a entrar debater se era mais convinte, sembrar centeo para fixar o terreo e promover especies como a perdiz. Ou lanzar palla o aire, con helicopeteros  ás poucas semanas do lume.
    Este último método estáo a facer a Xunta a travesó do "millonario" contrato que ten coa empresa Inaer e vendo o que ocorre no Courel e noutras zonas, da que cavilar.  Eses helicópteros que a Conselleira de Medio rural usou para ir de excursión. Como cando foi á Cervantes , cun custo para os petos de todos nós de máis de 20.000 euros.

Tres meses despois, tras dúas "cicloxéneses que barreron o barrible" , acórdaselles traer un camión de palla e descargalo nunha beira da estrada (Adxuntamos foto) para que algún día, esa empresa  lance as pacas ao aire , e con elas miles de euros que cobran  á hora. 

Nos preguntámonos :

  1.  Non seria máis efectivo e productivo (para a xente de ben), adicar eses miles de euros a rexenerar o monte con unha plantación de especies autóctonas ou como honestamente os veciños consideren , co uso que estes lle queiran dar ao terreno?
  2. A Xunta poñerá tamén un cartel na zona co custo, como fai con otras obras? Ou teremos que molestarnos nós, en preguntar na Xunta de Galicia canto custou?
  3.  Algún día farán políticas en tódolos ámbitos, pensando realmente en quen vive no territorio, ou so pensando en darlle beneficios a empresas amigas e rematando co rural?

Terán que dar conta no parlamento galego de tal despilfarro. Pero seguirán autoalimentado o seu circulo , mentras o rural e a montaña en particular agarda por un amencer que non chega.

3 comentarios:

  1. As opinións son todas respetables o expresalas sen ofender, é podemos estar máis ou menos de acordo con elas, pero as informacións deben ser obxectivas e veraces, porque se non, son intencionadas de parte e normalmente, mal intencionadas, como esta que afirma que se destruiu unha "modorra" cando o lume xa estaba controlado. Nin estaba controlado nin se destruiu nada tal e como se recolle na noticia.

    ResponderEliminar
  2. Desde logo que todas as opinións son respetables, Pablo. No tocante a palla, seguramente concordes que o seu fin pouco ten que ver co de asegurar e reter a cinza e terra da ladeira. No tocante a Modorra ou Mámoa. Podes ver nas imaxes que subín, como se ve claramente o arrasamento da zona helíptica onde se atopaba. Cando a administración colabora na destrucción do noso patrimonio, en vez de a protexelo, parece non importar. No tocante ó de se pasou ou non o Bulldozer cando estaba apagado... Persoal que traballou no incendio corrobórano.Polo tanto toda opinión é respetable ata que os intereses que hai detrás son económicos(como ocorre cas alpacas). Sen máis, grazas por comentar no blogue e aportar a túa opinión. Saudos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O meu comentario é e srgue sendo o de desmontar a menssxe de que o lume estaba apagado porque non e certo. Eu estaba no lugar dos feitos cando se actuó co bulldozer no entorno da "modorra
      Esta "modorra" foi afectada hai bastantes anos o pasarlle o lado unha máquina para crear, supoño, unha infraestructura tipo cortalumes e o mesmo tempo divisoria de concellos.
      No lume utilizouse esa infraestructura antiga porque a cabeza do lume xa chegara a ela. Limpouse co bulldozer en ataque directo (co lume enriba) e nesa actuación moveu algunha pedra da "modorra" que con toda seguridade xa estaría movida da intervención primeira, xa que non se creou ningunha infraestructura nova. E nesa situación de emerxencia teríamos que vernos todos para analizar as reaccións de cada un de nos.
      En canto a palla podo concordar no retraso da aplicación desta, pero teño entendido que a intervención valorouna os que se adican en Lourizán o tema da erosión do chan, así que en principio eu non vou a cuestionar o seu traballo.
      Grazas igualmente pola respuesta e espero que este comentario serva para ver o asunto dende outro punto de vista

      Eliminar