Coa intención de facer a política máis útil e accesible a todas e todos. Seguimos coa teima de propoñer nos plenos boas medidas para mellorar a condición de vida das nosas xentes.
O equipo de goberno, dificulta en todo momento ese traballo. Botando por terra as propostas que veñen de siglas que non sexan as deles. É algo que non beneficia en nada os intereses do Courel . Xa que desde C@urel vivo sempre votamos a favor de propostas que creamos beneficiosas para o noso concello, veñan do PP e PSOE.
Comezando polo positivo, no último pleno votouse de forma unánime ás cesións dos terreos e firma de convenio entre Deputación e Concello para a futura Residencia. Votouse de forma unánime para o regulamento para o futuro Museo de Covas de Meiraos.
Soubemos neste mesmo pleno, a intención da creación dunha praia fluvial na zona de Megoxe (debaixo do cruce de Sobredo) e da inversión de 152.000 eu por parte da Confederación para facer o saneamento de Sobredo.
O Equipo de Goberno, non ve de interese solicitar a unificación de terras na aldea de Teixeira (aínda que o firmasen solicitándoo o 100% dos propietarios). Unha aldea con 10 explotacións abertas que para seguir con elas de forma rendible, pídenlle todos á consellería que invista nunha unificación de terras. Axudaría que o Concello tamén o pedise. Non foi así, desde a alcaldía non dan visto máis alá das súas siglas e quen o paga é toda a veciñanza.
Tampouco ven necesario erradicar as mimosas que andan descontroladas polo monte e polas súas propiedades alelopáticas, acaban co resto de especies arbustivas ou arbóreas. Hoxe xa hai ladeiras infestadas delas e cada ano están a expandirse.
Coa cobertura móbil e acceso a internet, non ven necesario pedir máis medios económicos para esas aldeas que quedan sen cobertura 4g e en moitas outras, sen tan sequera cobertura de ningunha compañía.
A maiores, parece que molesta que desde a oposición se traballe e se critique o labor da alcaldía. Esquéceselles que eses dous papeis son os que debe facer unha oposición e que o traballo para levalo a cabo é da alcaldía , que é a persoa que se lle está a pagar para tal fin( e non nos sae precisamente barato)
Seguiremos na teima , e non faremos o mesmo coas súas propostas. Seguiremos apoiando as que merezan apoio e invitamos a o equipo de goberno faga o mesmo. Nunca é tarde para aparcar as súas siglas, deixarse de mirar o embigo e loitar de verdade pola nosa xente.
Podes escoitar o resumo do pleno na sección de pleno.
ou en https://www.ivoox.com/resumo-e-pleno-completo-do-27-abril-audios-mp3_rf_25702278_1.html
domingo, 29 de abril de 2018
Compartir esto
About C@urel vivo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario