No concello de Folgoso do Courel estase a "presionar " a particulares e asociacións
á hora de organizar eventos.
Cando unha asociación ou particular con intención de facer un evento, e pide axuda o concello para financialo. Este ESIXE
que se poña como Organizador ó Concello, cando é meramente un Colaborador e como tal deberia aparecer nos cartaces.
Esto coincide con que se ven moitos destes cartaces de eventos que "organiza o Concello de Folgoso" e que o ano pasado os organizaba
outra ente. Tras 10 anos oscuros, culturalmente. Agora agroman con proxectos, que en realidade non son deles. Ogalla no noso
Concello se fagan moitos eventos e proxectos para tentar Revivilo. E que iso non sexa solo a 1 ano das eleccións. Xa que os veciños/as
precisamos atención os nosos problemas de continuo.
Para que conste tal acusación como verídica , aportamos un pantallazo dun correo onde o Concello "coacciona" para que se lle
inclua como Coorganizador, cando o único que fai á Colaborar.
Isto demostra unha vez máis que o concello , non ten o máis minimo interes en Colaborar e axudar en proxectos e eventos para
o noso territorio.Senon que o seu afán é perpetuarse no cargo da incompetencia. No cargo de estar 3 anos facendo o minimo posible
e o último ano antes das eleccións, investir diñeiro de todos nós para seguir no cargo. Proba de que non lles importa o dinamismo do concello, é ver tódolos proxectos que votan que non nos plenos (parcelaria, mellora da cobertura móbil, erradicacíon de mimosas..etc) se non é idea deles.
http://www.diariodelemos.es/curel-vivo-denuncia-presions-del-ayuntamiento-de-folgoso-a-particulares-y-asociaciones
luns, 7 de maio de 2018
Compartir esto
About C@urel vivo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario