En resposta da alcaldesa Lola Castro da semana pasada,no Xornal do Progreso, queremos reafirmar as nosas palabras de que a Alcaldesa cóstanos máis de 50mil euros, tal como desgranamos na publicación anterior do noso blog.
Di que mentimos nisto. Queremos decir que as contas son publicas e a calqueira que se mostre interesada /o pode pedirnos as probas.
Di que ten que esixir que organiza eventos , ainda que non son eles quen os organizan para que non faga falla levalo a pleno. Pois ben, as subvencións regúlanse na Lei de Subvencións de Galicia. O artigo 19 establece os procedementos de adxudicación. Coñecémolo, señora alcaldesa. Claro canto menos leven o pleno e cociñen entre a xunta de goberno, menos conta dan e menos transparencia. Claro queda que para vostedes o dialogo e a transparencia, non a coñecen.
Di tamén que hai un traballo feito, en 10 anos o único que fixeron ben e gastar diñeiro publico en obras . Esquecéndose dos sectores produtivos do Courel. Nin unha medida efectiva para labregos como recoñeceu no último pleno, a parte do catastrazo, nin para os produtores da castaña, a maiores de dicir que a Xunta xa esta a facer bastante no problema da vispa (cando solo esta a facer soltas aisladas e insuficientes) e no chancro, onde poñen tan sequera veñen cando se chama avisando para que traten o chancro.
É un desleixo total por parte das administracións. A deputación ten bloqueada a conexión de Courel , con Pedrafita e a residencia de anciáns. A xunta dilapida diñeiro a amigotes tirando palla en pleno inverno, mentres non cubre as vacacións dos médicos/as. Pero non vexo a alcaldesa sacar os dentes para eles. So para nós por pedir medidas efectivas para o noso concello.
Di que levamos propostas pouco preparadas. Referirase as máis de 30 propostas que levamos feito. Como cando pedimos que mellorasen a cobertura móbil, erradicar as Mimosas, que as eléctricas pagasen os impostos que non están a pagar ó Concello, ou que comprasen unha minipala para rozar os sendeiros e para facer obras e non ter que contratarllo a empresas privadas. Ou refírese a propostas que presentamos , como rebaixas fiscais para novos autónomos, ou cando pediamos a parcelaria para a aldea de Teixeira, coa firma integra de tódolos propietarios, tras unha xuntanza cun Técnico da parcelaria da Xunta de Galicia. Ou cando pediamos que solicitasen a inscrición como Municipio de interese turístico (que en 10 anos non tiveron tempo. E ata fai uns anos, chegaba con solicitalo), etc.
Nin o seu apoio saben dar . So miran siglas e o soldo a final de mes. Estamos a ver unha versión inoperante e radical do PP , como no resto do estado, pero con ese sorriso que parece que fan todo o que poden. Temos tódolos plenos gravados e resumidos no noso blog, á disposición de todas/os, para que xulgue cada quen.
Tamén nos di que pensamos que estamos no goberno e nos enfadamos por non aprobar cousas básicas para o Courel. Nós sabemos ben onde estamos, quen non se entera de que esta gobernando é a Sra. Alcaldesa. Debería gastar máis tempo en revisar obras que se fan e o ano xa están desfeitas (como estradas de zahorra e camiños) e en sacar os dentes ás adminsitracións que nos teñen abandonados en servizos sanitarios, pragas de castiñeiro e nas estradas. Quérolles recordan que C@urel vivo non vai actuar da mesma maneira sectaria que vostedes. Caurel non se merece que actuen como “bandas callejeras”. Merécese que os 9 concelleiros escoitemos e traballemos para mellorar a vida dos residentes e facelo atractivo para emprender e vivir no noso Concello, como un concello viable e de futuro. O Caurel non se merece un goberno que se escuda en criticar a oposición mentres o Concello se ve que perde servizos, é un dos concellos máis afectados demográficamente de toda a montaña e onde as administracións menos invistan. Cambialo, é cousa de tod@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario