O concello despilfarra diñeiro público, xa que fixo unha suplemento de credito para investir 120mil€ nunhas "pistas polideportivas" e nun parque infantil. Non nos aclararon máis detalle deste proxecto. Parecenos que non se axustan o prezo de mercado , nin da compra do terreo nin na execución das obras. O equipo de goberno manifestounos no pleno que non ten claro se será un polideportivo, se unhas pistas se a que se vai adicar, pero si ten claro o gasto.
En Savane , precisase unha explanada que sexa para aparcadoiro, e poder poñer algunha carpa nun evento puntual. Xa que é unha vila que en determinados eventos, se queda sen aparcadoiros. Polideportivo, desgraciadamente temos un a menos de 4km de Savane que esta infrausado. Isto demostra que o PP inviste sen control en proxectos NON produtivos, que non xerán un só posto de traballo estable. Nos pedimos modificar o presuposto e mirar outros terreos colindantes que nin se consultou se se vendían(como manifestou a alcaldesa no pleno).
Solicitamos tamén que se use o superhabit co que conta o concello, para axuda a domicilio , os fins de semana que non se está a facer e contratando máis persoal, sería posible.
Nese pleno tamén denegaron a proposta de protexer a marca courel- caurel. Prefiren rexistrar marcas que non son necesarias, como a da festa da castaña. Como se a festa da castaña do caurel , a fosen a rexistrar en vilalba..... Malgastar fondos de todos para causas innecesarias. Gastan 8000€ públicos, nun Monolito que a parte de ser caro e innecesario, é discordante co medio.
Os veciñxs temos que construir con materiais acordes co entorno (madeira, pizarra..). Pero eles poden poñer o que sexa , gastando o que sexa . Semella que será outro despilfarro, como cando gastaron 57000 € nunha área de descanso infrausada e asilvestrada. Inversións que benefician uns poucos e que nos perxudican a todos, xa que se paga con diñeiro público e pouco axudan a reViVir o Rural.
Dentro de pouco se seguimos con este goberno, teremos o Concello cheo de monumentos pero valeiro de xente.
No mesmo pleno, un dos rogos, que fixemos foi , manifestarse os tres grupos, perante a Deputación se non comezan as obras da residencia, que nos aseguraron de que comezarian en setembro. Como sempre nin Psoe nin PP colleu o testigo de ir unidos solicitar cousas importantes pora o Concello.
En resumo, no Courel , estase a delapidar aforros en proxectos non produtivos (co voto a favor do PSOE ) porque o goberno non ten máis ideas cas de seguir a malgobernar a terra.
Escoita o resumo de pleno:
-PP e PSOE con temas persoais, en vez de debatir sobre os temas importantes
-Mentas se vota NON a pedir un museo de renome e pedir as pezas para o Courel.
-Mentras se vota NON a proposta de protexer a marca Caurel-Courel e se defende a marca "Vegalsa" en vez de defender ós veciñ@s:
-PP e PSOE con temas persoais, en vez de debatir sobre os temas importantes
-Mentas se vota NON a pedir un museo de renome e pedir as pezas para o Courel.
-Mentras se vota NON a proposta de protexer a marca Caurel-Courel e se defende a marca "Vegalsa" en vez de defender ós veciñ@s:
Podese escoitar o pleno enteiro no apartado de plenos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario