Comarca do Courel, mellor ese nome co de Comarca de Quiroga - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

mércores, 7 de novembro de 2018

Comarca do Courel, mellor ese nome co de Comarca de Quiroga

Lexilacion

As comarcas foron creadas coa LEI 7/1996, DO 10 DE XULLO, DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL. 
O Artigo 27.
... a comarca concíbese como un ámbito territorial intermedio, formado por un conxunto de concellos estremeiros que teñen unha cohesión interna entre eles baseada en feitos xeográficos, históricos, económicos e funcionais.
A aplicación formal e temporal do Plan de desenvolvemento comarcal concretarase nun Mapa comarcal, no que aparecerá a delimitación territorial das distintas comarcas, e a súa aprobación e sucesivas modificacións serán efectuadas por decreto do Consello da Xunta, .

No Artigo 33. Modificación. A delimitación comarcal contida no documento a que se refire este título poderá ser obxecto de modificación, segundo o mesmo procedemento establecido nos artigos anteriores, coa especialidade de que unicamente se lles dará traslado á Deputación Provincial e ós concellos directamente afectados.

Porque sería máis acorde os tempos e mellor para os tres concellos o cambio de nome?


  1. Segundo o Art 27 da citada lei, as comarcas formanas concellos cunha cohesión interna entre eles  baseada en feitos xeográficos....                                                                                A Serra do Courel , atravesa grande parte do seu territorio nesta Comarca. Ó igual que ocorre na Comarca dos Ancares, atravésanos unha serra e ese nome sería o que debería de prevalecer. Na comarca veciña, non lle chaman Comarca de Becerreá (por ser a vila de influencia), senón se nomeou, Comarca dos Ancares. Porque no noso caso non? Queremos que se modifique o nome de dita comarca.             (Adxunto Mapa Físico de Galicia da web de Turismo de Galicia http://www.turismo.gal/mapas-de-galicia).
  2. O termo das busquedas en Google, como destinos turísticos, sae Courel como a palabra máis buscadas entre os termos: caurel, courel, quiroga.. Polo tanto, en referencia ó Turismo iríanos mellor co nome da Comarca “Comarca do Courel”.
  3. No propio proxecto do Xeoparque, os tres alcaldes dos concellos de F. do Courel, Quiroga e Rivas de Sil, elixiron Courel porque o nome ten máis repercusión no Exterior. Polo tando significa que o nome Courel, representa a xente dos tres concellos.                                                                                                                                 
  4. Sería beneficioso para os tres concellos que integramos a comarca, que o nome da comarca collese o nome da serra, no tema de Turismo, para productos que se producisen na comarca e por integrar xa proxectos co nome en Comun

POR TODO O ANTERIOR, non ten moito sentido que se siga a chamar Comarca de Quiroga Levaremos á pleno a proposta para que C@urel Vivo, PP e o PSOE do Courel  solicitemos á Xunta de Galicia e mediante decreto do Consello da Xunta faga a modificiación do Nome da nosa Comarca.  Agardamos cos Concellos implicados fagan o mesmo. Para ben de todxs. Comarca do Courel !!










Ningún comentario:

Publicar un comentario