Contestación sobre a atención sociosanitaria no concello de Folgoso do Courel - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

martes, 17 de setembro de 2019

Contestación sobre a atención sociosanitaria no concello de Folgoso do Courel

Tras unha pregunta formulada , pola deputada Paula Verao, sobre  “o prazo previsto polo Goberno galego para mellorar a atención sociosanitaria no concello de Folgoso do Courel”.
A Xunta dinos :

“Polo que se refire á cobertura do persoal sanitario na categoría de facultativos, vénse
producindo un déficit de recursos de persoal nas listas de vinculacións temporais,
habitualmente esgotadas, facendo difícil a substitución das ausencias regulamentarias do
persoal.
Para a planificación da cobertura destes permisos regulamentarios a EOXI ten en conta as
diferentes formas de cobertura das ausencias establecidas no artigo 3 da Orde de 4 de xuño
de 2008, pola que se da publicidade a determinados acordos sobre ordenación e previsión de
postos de traballo e condicións de traballo e retribucións no ámbito da atención primaria e
valórase a cobertura das ausencias no conxunto da área, utilizando os recursos dos que
dispoñemos aí onde son máis necesarios ao tempo que se garante que, en todo momento,
existan profesionais suficientes para unha adecuada atención.
Os Centros de Saúde funcionan en horario de 8 horas a 15 horas os días laborables.
En días alternos hai no concello un dispositivo médico e de enfermería localizado e habilitado
para as demandas de asistencia, en horario de 15 horas a 22 horass os días laborables e de 8
horas a 22 horas os domingos e festivos nos Centros de Saúde de Folgoso e de Seoane.

Menten , xa que o Deficit de recursos de persoal, é unha mala excusa, como veñen de indicar os sindicatos. Contratan a persoal por días e semanas o cal serve para degradar o sistema público.Tamén menten cando afirman que están nos dous centros; en domingos e festivos só estan nun centro, non en Folgoso e Seoane, como din.

Recentemente , tamén recibimos un escrito onde o defensor del pueblo español, lle solicitaba á Consellería unha explicación, e a Consellería non respostou a tal requerimento. Polo rural , apostan, pero pola expoliación do rural, non pola xente que nel vivimos.


Documento da contestación:
https://dochub.com/caurelvivo/Zx431RX/resposta-xunta-cs-courel-pdf?dt=4yyddT-yqj9p3exAawCL

Ningún comentario:

Publicar un comentario