Antepoñer os intereses das electricas ós da nosa veciñanza !! - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

xoves, 7 de novembro de 2019

Antepoñer os intereses das electricas ós da nosa veciñanza !!

Desde CV, alédanos que unha torre posta no ano 1992, sen licencia , na mesma parcela dun dos tres Bens de interese cultural(1949), cos que conta o Courel; xa estea retirada. O que non nos gusta tanto e que se lle faga favores e se pague a súa retirada á compañía distribuidora. Foron 50.000€ de diñeiro público, que debería de desembolsar a distribuidora, agora grupo Naturgy. Ese mesmo grupo que acaba de eliminar a atención en Galego, e deixa na rúa a 150 persoas en Ourense. Desde o equipo de goberno, non fixeron como na Coruña, que obrigaron por sentenza xudicial a sacar unha torreta do Castro de Elviña, no 2015. Alí, non antepuxeron os intereses das eléctricas a da nosa veciñanza. No noso Concello si.


 Pero agora toca mirar para adiante e esixirlles as administracións a posta en valor dun castelo, dos máis antigos do país. Entendendo pola posta en valor, a súa escavación e marcación do perímetro. Emparedando dous ou tres metros, que permita que non siga desmoronándose e que a súa vez, permita marcar o perímetro, e servir de referente en toda a serra. Esta idea é a que aseguraban Arqueólogos e catedráticos no II Seminario de patrimonio cultural do Courel, cando se lles preguntou a como o poñerían eles en valor. Algo similar acaban de facer co castelo de Balboa. Con máis tesón e unidade dos grupos municipais. Para isto é para o que se requiren de inversións supramunicipais. O labor do concello debe comezar comprobando o titular do castelo , para solicitar a súa cesión. Desde CV xa lles indicamos o camiño preguntando por elo e recibimos contestación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural , asegurando que eles descoñecen a quen pertence . Suxerimos pois, que o equipo de goberno, contraste datos municipais, con Facenda, catastro, etc Non podemos mirar para outro lado , na conservación do castelo da serra. Porque a perda do noso patrimonio, sumada á perda de servizos, de poboación, de actividade económica, das pragas dos nosos soutos, do abandono da labranza, non axuda a reverter a situación que sufre a nosa serra. Máis información sobre o traballo realizado sobre este tema: https://caurelvivo.blogspot.com/2018/02/proposta-para-a.html https://caurelvivo.blogspot.com/2016/06/mocion-para-o-cambio-de-ubicacion-do.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario