O noso concello está en risco extremo de despoboación, segundo un estudo da UE, situándonos como o concello con maior risco de todos os que nos rodean, contando con menos de 8 habitantes por km2 (Noticia publicada na Voz de Galicia do 8 de Outubro de 2021, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/10/08/gobierno-alerta-17-concellos-riesgo-severo-desaparecer/0003_202110G8P10995.htm )
- Porque estamos peor que tódolos concellos que nos rodean?
- Que están a facer as administracións ?
- Porque o Concello non recoñece a situación e porque non encamiña as políticas en asentar poboación?
- Porque a Xunta panfletea de que aposta polo rural e logo deixa esmorecer concellos como o noso?
Prefeririamos non ter que escoitar esta novas , que fosen mentira, pero a realidade é esa. Din que para solucionar un problema o primeiro e recoñecer este que existe, e de momento a administración local non se pronunciou sobre a problemática nin propuxo medidas para tratar de frear esta situación.
A desaprobación e unha lacra do interior e especialmente das zonas de montaña, pero xordennos algunhas preguntas; porque somos o concello cos peores datos de tódolos que nos rodean? Porque a administracións non teñen plans serios para asentar poboación e dotar de servizos estas zonas? Están a tomar medidas a Xunta e o Concello a parte de saír nos medios falando da boa situación do rural e dotarnos de figuras que non se acompañan de inversións produtivas a nivel local?
Comezando polo Concello , Deputación , Xunta , Goberno de España e Consello de Ministros da UE, deberían establecer a desertización demográfica como o gran reto a combater a través de investimento nas zonas de maior risco.
Unha gran oportunidade sería a través dos fondos Next Generation. A Xunta conta mobilizar con eses fondos case 20Mil Millóns de €. Se non os adica para crear servizos e vida nos concellos que esmorecemos, deixará de ter sentido o seu discurso de que apostan polo rural.
A nivel local, nun concello como o de Folgoso do Courel, poderíanse tomar tantas medidas para saír dese ranking... e mentres vemos como se dilapidan 400.000€ nunha area recreativa para xogar ó volei e mollarse un pouco , podendo facer varias zonas de baño máis sinxelas e practicas; e adicar o resto para o realmente importante. No pleno din que se non os invisten perderían eses fondos. O que non contan é que se xa piden unha subvención nominativa da Xunta para iso, podíana pedir para outra cousa como, por exemplo, recuperar o patrimonio que esmorece, dotar o Concello con servizos básicos...Deficiencias hainas: non temos transporte público nin boa cobertura, no sector primario non se está facendo nada e aínda que desde a Unesco nos recoñece xeolóxica e paisaxisticamente o certo é que as administracións non invisten segundo precisamos.
Desde CV fanse propostas que non se teñen en consideración ou se as teñen, publicítanas como propias. Propostas realistas e útiles como a de ter unha envasadora de castañas e mel e evitar intermediarios, solicitar a marca Starlight para que certifiquen a calidade do noso ceo, establecer transporte interno entre tódalas aldeas, solicitarlle a Xunta un ARI integral para o Courel (como hai noutras zonas de Galicia onde se subvenciona ata o 80%.) para que o que queira arranxar edificacións se lle axude, crear brigadas verdes e de prevención de incendios estables no Courel (algúns concellos da comarca teñen 3 ou 4 brigadas estables)... Todas estas medidas axudarían a fixar poboación na zona evitando que encabecemos un ranking de despoboamento extremo no cal solo están o 5% dos concellos do país.
Habería tanto que facer...pero como se di ó principio, o primeiro e ter humildade, autocrítica e recoñecer que a realidade na que estamos no noso Concello non é a mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario