Heliporto de 154mil€ non serve para eso e ten que aterrar nun lameiro a kilómetros, por mala previsión do Concello - C@urel vivo

LogoReducido

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

PROPOSTA PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL

  MOCIÓN PARA SOLICITAR UN OBRADOIRO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO COUREL Proposta presentada polo grupo municipal de C@urel Vivo (CV) ó P...

.com/img/a/

Buscar neste blog

luns, 1 de novembro de 2021

demo-image

Heliporto de 154mil€ non serve para eso e ten que aterrar nun lameiro a kilómetros, por mala previsión do Concello


0c82fe58-c8a0-4bd0-bf83-06d8053bd29e

Heliporto de 154mil€ que non serve para eso e ten que aterrar nun lameiro a kilómetros

A última obra  para emerxercias no noso concello, o da Area recreativa e heliporto en Seoane (no que se gastaron 154.500€)  non serva para o que foi deseñado e os pilotos non aterran alí.

A saúde é o primeiro polo que o concello debería resolver o problema canto antes.


Tampouco é normal que a camilla e persoal médico teña que ser transladado desde o lugar de aterraxe ó Centro de Saúde nunha furgoneta particular dun veciño .  Xa que ata que chegou a ambulancia de fóra do Courel pasou máis dunha hora.


Polo que pediremoslle o concello que a xunta cumpra cos servizos sanitarios no Courel e que desde o concello se habilite unha zona de aterraxe, cando menos en cada parroquia xa que 10 minutos pode ser a diferenza entre vivir ou morrer



Ningún comentario:

Publicar un comentario

MENU