Proposta para mellorar o servizo de Ambulancia Local - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Proposta para conseguir o Destino Turistico Starlight para o Concello e para os Aloxamentos

  MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo – CV , Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Cou...

Buscar neste blog

xoves, 16 de xuño de 2022

Proposta para mellorar o servizo de Ambulancia Local

 

MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo , Teo Chousa Arza, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación Municipal a seguinte PROPOSTA RELATIVA A MELLORA DA AMBULANCIA LOCAL PERTENCENTE A REDE DE TRANSPORTE SANITARIO URXENTE (RTSU) do 061 

Exposición de motivos:
 
No noso Concello xa tivemos varias Urxencias onde quedou patente as carencias da ambulancia local, onde a pouca altura e falta de espazo interno, dificultan a atención do paciente en condicións. Segundo a información do Sergas, so 2 concellos están con ambulancias convencionais, mentres teñen outras 107 con soporte vital básico, 12 con soporte vital avanzado e 4 con soporte vital avanzado de enfermaría. Debemos recalcar que o noso concello é dos concellos máis alonxados do hospital de referencia, polo que pode salvar vidas ter unha ambulancia mellor dotada. Desde CV vemos convinte , que o lóxico nun concello como o noso e que tivésemos unha ambulancia de soporte vital básico, que contaría tamén con 2 técnicos en emerxencias sanitarias. Aproveitando tamén que a ambulancia , xa se ten que renovar nuns anos, sería necesario que desde o Courel loitemos por unha de soporte vital básico e se non é posible, polo menos sexa unha furgoneta con alto H2 como a de Pedrafita, o que permite que o material médico vaia ordenado en compartimentos e o persoal médico poida atender mellor o paciente. Outra das eivas que temos, con respecto a outros concellos, é que o Courel non conta cunha base para que o persoal do 061 poida estar. Con esta proposta , pretendese mellorar un servizo tan básico e tan necesario nun concello como o noso. Polo que pedimos a maior comprensión , xa que calquera de nós pode sufrir as consecuencias por non contar cun servizo como teñen na mairande parte de Galicia. 

Por todo o anterior, o Grupo Municipal de C@urel vivo considera de interese municipal que o Pleno da Corporación ACORDE

1. Que se lle solicite formalmente ó 061, dependente do Consellaria de Sanidade, unha Ambulancia de Soporte Vital Básico como as 107 que teñen por todo o páis. 
2. Que desde o Equipo de Goberno se traballe para dotar o 061 dunha base para estar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario