BASES PARA A SELECCIÓN DE 13 TRABALLADORES/AS PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA
CONTRA INCENDIOS FORESTAIS: 8 PEÓNS E 2 XEFES DE BRIGADA PARA AS BRIGADAS DE INCENDIOS E 3
CONDUTORES DE MOTOBOMBA EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, A XORNADA COMPLETA
(100 %).
PRIMEIRA. OBXECTO.
O Concello de Folgoso do Courel caracterízase por ser un Concello aislado cunha gran dispersión xeográfica e poboación envellecida, ó que se lle pode engadir o incremento de poboación en verán, xunto aos riscos de incendios estivais, o cal fai necesario a realización das tarefas de prevención e extinción de incendios forestais mediante a actuación de dúas brigadas de prevención e defensa efectivas, composta cada unha por 5
traballadores así como a actuación dun vehículo motobomba para o que é preciso a contratación de 3
condutores para dito vehículo.
O obxecto das presentes bases, polo tanto, é a contratación de persoal laboral temporal para a cobertura dos seguintes postos:
- 8 postos de peón;
- 2 postos de xefes de brigada, e
- 3 postos de conductor de motobomba;
E elo en cumprimento do convenio interadministrativo de colaboración que se subscribirá coa Consellería do Medio Rural, por un período de tres meses para os postos de peóns e de xefes de brigada, e de catro meses para o de conductor motobomba, durante o exercicio 2022.
Os postos abarcan a realización de tarefas de vixilancia e defensa contra incendios forestais, así como labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse. O Concello garantirá a colaboración e coordinación co despregue de medios do Distrito Forestal, mediante a designación dunha persoa como responsable e coordinador do funcionamento da brigada para establecer as relacións operativas e de comunicación co persoal do Distrito Forestal ao que perteneza o
Concello.
O sistema de selección das/os aspirantes será o de CONCURSO-OPOSICIÓN.
A presente convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e as bases no taboleiro de anuncios do Concello, así como na sede elecrónica do mesmo: https://folgosodocourel.sedelectronica.es/info.0
SEGUNDO. NORMATIVA APLICABLE.
O proceso de selección regularase polo previsto nas presentes bases e no convenio de colaboración que se prevé subscribir entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Folgoso do Courel para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e no non previsto nelas, polo establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público; na Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública; na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015, de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado; Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións aplicables.
TERCEIRO. MODALIDADE DO CONTRATO.
O contrato de traballo temporal que se formalizará coas persoas seleccionadas será coas cláusulas específicas
da modalidade contractual de duración determinada, a tempo completo, de acordo co establecido na
disposición adicional quinta do Real Decreto-lei 32/2021, de 28 de decembro, segundo a cal:
«Se podrán suscribir contratos de duración determinada por parte de las entidades que integran el sector
público, reguladas en el artículo 2 del Real Decreto-ley 36/2020, de 30 de diciembre, por el que se aprueban
Anuncio publicado en: Num BOP 144 , descarga as bases completas pulsando Aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario