[Proposta presentada para debate para o Venres 4 de Novembro de 2022 ]
MOCIÓN que presenta o concelleiro/voceiro do grupo de C@urel Vivo, Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Courel, para a súa discusión e aprobación polo Pleno da Corporación Municipal, a Solicitude a Dirección Xeral de Catastro a revisión á baixa dos Valores Catastrais no noso Concello.
O Concello de Folgoso do Courel leva anos sendo un dos Concellos no que máis sobrevaloradas están as Casas, o cal afecta directamente a cota anual que os veciñxs pagamos polo pago do “ Impuesto de Bienes Inmuebles ” por ter aplicado un valor catastral moi por encima do valor real de mercado e moi por encima de moitos municipios con unha renda media per cápita moi superior á nosa. Os valores catastrais por unidade urbana dos inmobles levan polas nubes desde o Catastrazo de Montoro, do Partido Popular no 2016 que foi incrementado de maneira xeral, en plena crise. Esto provocou que os mesmos se manteñan en niveis· altísimos, quedando a día de hoxe por encima de outros concellos limítrofes. Por exemplo, temos o triplo de valor de urbana que en Triacastela (comparando dúas edificacións similares, nós temos un valor 31133€ e eles 10371€ ); pagamos o 20% máis que paga un veciño de Ribas de Sil, Samos ou o 30% máis que un de Pedrafita. O malestar da nosa veciñanza é mais que xustificado, cando estamos a pagar moito máis que concellos limítrofes. (Anexamos táboa dos datos do catastro sobre o citado valor) .
Esta situación provoca que as familias no Courel paguen polas vivendas un IBI desproporcionado, en algúns casos chega incluso a provocar situacións de verdadeira angustia, dificultade para poder facer fronte a el. A responsabilidade da baixada do IBI correspóndelle ás administracións, a Catastro (Facenda) e o Concello, sendo este último o que pode solicitar a revisión “a baixa ”do citado valor catastral, ó amparo do recollido na Ley de Presupuestos Generales del Estado. Solicitando á Dirección General de Catastro a aplicación dun coeficiente redutor dos valores catastrais dos inmobles, como xa se ha fixo en 449 municipios de todo o estado. Polo tanto, non hai ningunha xustificación nin obxectiva nin legal para opoñerse a dita rebaixa. O artículo 28.2 de la Ley de Catastro inmobiliario establece literalmente que: "El procedimiento de valoración colectiva de bienes inmuebles de una misma clase podrá iniciarse de oficio o a instancia del Ayuntamiento correspondiente cuando, respecto a una pluralidad de bienes inmuebles, se pongan de manifiesto diferencias sustanciales entre los valores de mercado y los que sirvieron de base para fa determinación de los valores catastrales vigentes, ya sea como consecuencia de una modificación en el planeamiento urbanístico o de otras circunstancias”
Tamén é moi necesario para a viabilidade do Concello conservar as que hai e atraer novas familias con nenos, que vivan e estean escolarizadas no Concello. A Ley Reguladora de las Haciendas Locales do 5 de Marzo do 2004 recolle como posible Bonificación, no Articulo 74, no punto 2:” Los ayuntamientos mediante ordenanza podrán regular una bonificación de hasta el 95 por ciento de la cuota íntegra del impuesto a favor de inmuebles en los que se desarrollen actividades económicas que sean declaradas de especial interés o utilidad municipal por concurrir circunstancias sociales...”.
Desde CV consideramos que ese feito é de especial interes, cando que haxa nenos escolarizados no Courel, fai que viva o colexio, negocios locais, transportistas, etc
Por todo o anterior, desde o grupo de CV solicitamos:
1. Que desde o Concello se solicite a Catastro, a redución dos valores catastrais mediante un coeficiente corrector para axustar os valores a realidade económica actual e acorde a valores doutros Concellos similares ó noso.
2. Aumentar as bonificacións de ata o 95% á familias que certifiquen que teñan fillos ou fillas escolarizadas no concello.
En Folgoso do Courel, a 26 de Outubro de 2022
Notas de prensa:
https://galiciaxa.com/2022/10/rsxa/zonas-rsxa/folgoso-courel-rsxa/177352/
Ningún comentario:
Publicar un comentario