Proposta para restrición dos lugares de plantación de Piñeiros, e dar máis axuda nas Plantacións autóctonas como protectoras contra futuros lumes - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Proposta para conseguir o Destino Turistico Starlight para o Concello e para os Aloxamentos

  MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo – CV , Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Cou...

Buscar neste blog

luns, 29 de agosto de 2022

Proposta para restrición dos lugares de plantación de Piñeiros, e dar máis axuda nas Plantacións autóctonas como protectoras contra futuros lumes

 






MOCIÓN que presenta o concelleiro/voceiro do grupo de C@urel vivo, Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Courel, para a súa discusión e aprobación polo Pleno da Corporación Municipal. A Proposta consiste na restrición dos lugares de plantación de Piñeiros, e dar máis axuda nas Plantacións autóctonas como protectoras contra futuros lumes.



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


Lembramos que, segundo a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, os concellos poden actuar nos casos de incumprimento de limpeza da biomasa vexetal nos perímetros de núcleos (artigos 21, 22 e 23 de dita lei).

No último gran lume todos vimos a importancia na ordenación do territorio para prever que os futuros lumes sexan tan devastadores e que entren nas aldeas. É responsabilidades de todas e todos os que estamos no pleno de facer o posible para protexer o noso territorio e a nosa xente de cara ao futuro.

Nesta proposta non imos falar de facer autocrítica nin de erros pasados. Queremos que o equipo que dirixe o Concello use todas as ferramentas para restrinxir as novas plantacións de especies arbóreas pirófitas, separandoas das aldeas e establecendo unha distancia mínima de alomenos 800 metros aos núcleos , para seguridade das aldeas e veciñanza.

Por outro lado seria necesaria o establecemento dunha taxa municipal á plantación de Piñeiros para incentivar a plantación de outras especies como os Castiñeiros que salvaronnos da fame noutros séculos e neste século, salvaron moitas aldeas do lume. .

Dita modificación é básica para a protección de todxs xa que, como vimos, onde hai piñeiros ou eucaliptos o lume salta de copa en copa a quilómetros. Por poñer un exemplo para quen non o viu saltar no devastador incendio do Courel; cruzou dunha ladeira á outra a 1,2 km de distancia. Tales modificacións débense incluír no Plan de Ordenación–PXOM recentemente aprobado e no Plan de Prevención de Riscos contra incendios. Hai Concellos que xa recolleron no Planeamento restriccións ás especies pirófitas, como é o caso do Concello de Sober onde establece unha distancía para plantación de arbores pirófitos e recolle tamén a normativa de non poder plantar eucaliptos.


Gustaríanos que neste asunto tivésemos altura de miras, facendo deste feito un punto de inflexión para o Courel, onde se poden emendar erros do pasado e crear un Courel do futuro máis seguro e habitable para todxs.

Por todo o anterior, desde o grupo de CV solicitamos:


1.- Establecer unha franxa de protección ampla ao redor das áreas habitadas de 800 metros, que non se poda repoboar con árbores de folla perenne (agás algunhas como o teixo). Concretamente, solicitamos que non se poda repoboar coas especies que indica a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención de incendios forestais de Galiza, que citan: piñeiro do país (Pinus Pinaster), piñeiro bravo (Pinus sylvestris), piñeiro de Monterrei (Pinus radiata), piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii), mimosa (Acacia dealbataminoma), acacia negra (Acacia melanoxylumacacia) e eucalipto (Eucalyptus ssp).


2.- Fomentar que nas novas plantacións se empreguen preferentemente especies autóctonas estabelecendo unha taxa sobre especies foráneas que irá en escala crecente, segundo a súa potencial perigosidade (a escala require o asesoramento técnico de profesionais).


3.- Solicitarlle á Xunta de Galicia que, en axudas futuras á plantación, non teñan tantas trabas e burocracia para Caducifolias tendo en conta que para piñeiros dan todas as facilidades do mundo.


4. Incluír na normativa do Plan de Ordenación Municipal, as medidas que citamos nos puntos 1 e 2 .



En Folgoso do Courel, a 29 de Agosto de 2022


Ningún comentario:

Publicar un comentario