Desde C@urel Vivo denunciamos ante a OCE as irregularidades que se están a levar a cabo no Padrón de habitantes do Concello de Folgoso do Courel - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

martes, 3 de xaneiro de 2023

Desde C@urel Vivo denunciamos ante a OCE as irregularidades que se están a levar a cabo no Padrón de habitantes do Concello de Folgoso do Courel

 Desde C@urel Vivo denunciamos ante a Oficina do Censo Electoral as irregularidades que se están a levar a cabo no Padrón de habitantes do Concello de Folgoso do Courel. Vimos comprobando como de maneira reiterada nos últimos meses se están a producir empadroamentos irregulares no noso concello. Dado que se trata dun concello pequeno é fácil comprobar que moitos destes “novos veciños” non son tal, e non só non viven de maneira habitual no mesmo, senón que tampouco manteñen, supostamente, ningún tipo de vínculo con este territorio, o que nos fai pensar que se trata soamente de unha manobra política de cara as vindeiras eleccións municipais para as que faltan catro meses.


Cotexamos máis de 30 persoas en situación irregular, algunhas empadroadas en actuais garaxes,en casas situadas en diferentes localizacións polo Concello. Os empadroados son residentes doutros concellos e por amizade, parentesco con persoas vinculadas ó Partido Popular, empresarios con recentes tratos comerciais co noso Concello, albaneis...


Queremos recordarlles a tódalas persoas que se están a empadroar de forma irregular, ben sexa por decisión propia ou por algún tipo de presión ou coacción; que está acción é sancionada segundo Real Decreto 1690/1986Ademais con este feito están a vulnerar o dereito que temos os veciños do Courel a libre elección política, xa que o empadroamento de xente que non fai vida no territorio desvirtúa a decisión real dos que aquí vivimos no reconto final das eleccións.

Polo que desde CV emprazamos ás citadas persoas, que se empadroen nos seus lugares de residencia nas vindeiras s emanas. De ver que desde o INE non actúan con contundencia, estamos barallando  poñer unha denuncia no Xulgado , citando un por un, os casos que consideramos irregulares..


Desde CV temos coñecemento que tamén o PSOE do Caurel presentou unha denuncia no mesmo sentido.


“Se non pelexas para acabar ca corrupción e a podredume, acabarás formando parte dela”,
Joan Baez


Imaxe dun dos lugares, como nos que se está a empadroar á determinada xente.