Proposta para mellorar as condición laborais e o servizo do SAF no Courel - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

xoves, 16 de febreiro de 2023

Proposta para mellorar as condición laborais e o servizo do SAF no Courel

 MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo , Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación Municipal a seguinte Proposta para mellorar as condición laborais do SAF no Courel 

O Servizo de Atención a Domicilio (SAF), é un servizo moi necesario para a nosa poboación, dada a avanzada idade de moitos e moitas veciñas. Polo que desde o Concello se debe tratar de mellorar as condicións laborais do servizo, como garante tamén de que a mellora destas condicións repercuten na mellora da atención ós usuarios. 

1. No primeiro punto que se debe incidir para mellorar o servizo, é poñer en valor o traballo dos e das traballadoras (“ Coidar a quen coida”). A traballadora social debería ir o domicilio do usuario, no momento de comenzar o servizo, onde se debera informar o usuario de forma verbal (que en moitos casos non queda claro), dos traballos que realizará a auxiliar e os que non. Tal como especifica a ordenanza municipal sobre o SAF (Publicada no BOP do 27 de Decembro de 2013). 

 2. Por parte do Concello ( xa que se solicita formación os/as traballadoras ) deberíase pagar a formación ó persoal que o precise. E deberían non perderse cursos por non solicitalos, como ocurriu no ano 2021, onde se nos dixo nun pleno que non solicitaban os cursos, porque se non había xente suficiente para facelos habería que renunciar a eles. Deberíase solicitar toda a formación posible, pola mellora da formación dos traballadores e tamén pola mellora de servizos ó usuario. Nos últimos anos, desde o Concello, solo foron capaces de organizarlles un curso de primeiros auxilios. Como marca o Convenio Vixente no Artigo 26º.-Formación onde di que: “ os/ás traballadores/as afectados/as por este convenio se lles facilite unha formación adecuada e continuada para promover un mellor desenvolvemento profesional e persoal. A empresa deberá aboarlle ao traballador ou traballadora os desprazamentos que teña que realizar para asistir aos seus plans de formación “

 3. O día a día do servizo non é doado. Son os traballadores do Concellos que están a traballar con menos EPIS (p.e: non se lles da roupa de abrigo como marca o convenio no Artigo 34). Están a traballar sen apoios mecánicos (sen grúas, sen camas articuladas, sen discos xiratorios, sen cadeiras de ducha, sen almofadas de xiro..). Polo que o Concello debería de adquirir este material, para poder prestalo a quen o precise e mellorar así o servizo e protexer o persoal do SAF de lesións, xa que teñen que soportar moito peso o longo do día. Dende o equipo de goberno recoñecese que falta material , xa que acaban de doarnos 3 camas articuladas de segunda man desde o Hospital Comarcal de Valdeorras. Consideramos que esas camas non son suficientes para a demanda de usuarios que hai. Ante a falta de medios mecánicos, tampouco se organizan as quendas para facer os traballos máis pesados entre dous compañeiros, como pode ser duchar os usuarios, levantamento de usuarios con gran dependencia, etc... Cada ano saen axudas para adquirir material ortopédico, e o concello podería asesorar e de ser o caso, solicitalas para que os usuarios se poidan acoller a elas. 

4. Entre os traballadores e a traballadora social, deberíase mellorar a comunicación para mellorar o servizo, facendo reunións periódicas (dentro da xornada laboral) e abordar as posibles incidencias, melloras das distribucións das rutas, etc. Xa que a comunicación vertical, soe ser sempre de maneira individual o que non da pé a escoitar outras ideas, nin debater as mesmas.... A boa comunicación e postas en común de tod@s xuntos , suporía unha mellora do servizo , beneficiandose disto tódalas partes.

 5. Os traslados entre usuarios supón largas distancias e por estradas que están cada vez máis intransitables, polo que os 0.19 cts que se lle aboan por km ás traballadoras non cubre o combustible e desgaste do vehículo. Para iso hai concellos como Sober (gobernado polo PP) que ten un regulamento interno onde “ abona un plus mensual por uso de vehículo propio de 60€”. Dito complemento, deberíase aboar no Courel. 6. O TACGal resolveu no 2022 unha suba de 6,5% do soldo dos Traballadores do Saf de Galicia e ratificou a Audiencia Nacional que obrigou a subir “en la misma cuantía que el índice de precios al consumo (IPC)”. 

 Por todo o anterior, desde o Grupo Municipal de C@urel Vivo Solicitamos:

 1º Instar a Política Social da Xunta, Deputación e Concello de Folgoso do Courel , a necesidade de adquirir para o día a día do servizo de SAF do Courel: camas articuladas, sillas ducha, discos xiratorios, grúas, almofadas de xiro.... e poñelo a disposición dos traballadores/as e usuarios que o precisen

2º Dotar ós traballadores do SAF , da posibilidade dunha formación á súa disposición e de maneira continua para mellorar o servizo e a formación ( mobilizacións de curas, ximnasia pasiva, estiramentos para a espalda...). 

3º Que no momento de que un usuario comece o servizo de SAF, se deixe claro por parte da Traballadora Social (verbalmente e por escrito) as tarefas que se lle poden facer e as que non

4º Facer un regulamento municipal, onde se lle abone un plus mensual de alomenos 60€ ás traballadoras por uso de vehículo propio para compensar a suba de carburantes e o mal estado das estradas no Courel. Así como que se lle facilite os EPIS necesarios que precisen para desenvolver comodamente o seu traballo, como marca o Convenio Vixente. 

5º Que desde Traballo Social se coordine mellor o servizo, facendo reunións periódicas (dentro da xornada laboral) e abordar as posibles incidencias, melloras das distribucións das rutas. Así pois se axilice os tramites en situación de dependencia, xa que hai usuarios que agardan moitos meses en que se lles aprobe cun grado recoñecido. 

Que o SAF do Courel , sexa un servizo que non estea politizado, e que non se venda como un favor do ou da “Alcaldesa de Turno”. Xa que é un dereito que ten a xente que así o precisa e deberíase mellorar tanto a calidade de vida dos cuidadores/as, coma dos usuario do servizo. 



En Folgoso do Courel, a 16 de Febreiro de 2023

Ningún comentario:

Publicar un comentario