MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de
Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, polo Pleno da Corporación
Municipal a seguinte PROPOSTA para a Creación dun Punto Limpo no Concello para a
recollida de Residuos Voluminosos .
Os veciños/as do noso concello, teñen dificultades para poder desfacerse de cousas
voluminosas que xa non precisa. Non pode ser que desde a veciñanza se chame e se lle diga
que non se está a recoller residuos. Que desde o equipo de goberno, non se teña planeado
solucionar esta problematica ( sendo competencia municipal ) dice moito do que lles preocupa
o seu concello.
Tendo en conta que no artigo 9. Competencias das entidades locais da LEI 6/2021, de 17 de
febreiro, de residuos e suelos contaminados de Galicia no seu apartado 2 indica que
corresponde ás entidades locais "Como servizo obrigatorio, a recollida, o transporte e o
tratamento dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos na forma en
que establezan as súas respectivas ordenanzas, no marco xurídico do establecido na normativa
básica estatal en materia de residuos, nesta lei, na normativa sectorial en materia de
responsabilidade ampliada do produtor e no Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia.
Polo que o Concello de Folgoso do Courel, non está cumplindo a lei nesta área, no memento
que non lle ofrece a veciñanza unha solucion para desfacerse destes obxectos.
Despois así nos pasa, que vemos lixo polos nosos montes e sae máis caro , a limpeza deses
“basureiros ilegais” que loitar por ter un punto limpo, como teñen a moitos concellos darredor.
Deste tema xa se leva falando fai tempo de que se ia facer. A principios do 2020 , desde CV
fixemos un rogo neste mesmo pleno, para que o CMATI e á Xunta de Galicia, financiasen
as instalacións. Xa que noutros concellos lindeiros, se fixo, a través de fondos Feder.
Desde o Equipo de Goberno, contestousenos que xa estaben nelo, que o ian mirar...
Pasaron 3 anos e nada feito.
No noso concello, precisamos que se solicide e se loite por un punto limpo fixo. O punto móbil
está ben, pero que pasa cando se trata dun refugallo voluminoso como ocorre na maioria dos
casos?? Que pasa cando un veciño ten que tirar un colchon, sofas, ventas, etc....?
Mentras non se faga as citadas instalacións , deberíase traballar nun Convenio con algún dos
puntos que teñen os concellos lindeiros para que os refugallos non acaben nos nosos montes.
A prestación deste servizo poderase levar a cabo de forma independente ou asociada", e tendo
en conta que segundo a Lei se consideran «Residuos domésticos» "aos residuos xerados nos
fogares como consecuencia das actividades domésticas. Inclúense tamén nesta categoría os
residuos que se xeran nos fogares como acumuladores, mobles e enseres así como os residuos
e escombros procedentes de obras menores de costrución e reparación domiciliaria"
Cada ano saen axudas neste sentido, polo que non entendemos como o noso concello aínda
está sen el . Por exemplo a “ ORDEN de 28 de abril de 2022 por la que se establecen las bases
reguladoras para la concesión de ayudas a entidades locales de Galicia para la financiación de
actuaciones en materia de recogida de residuos especiales de competencia municipal”. Na liña
1 subvenciona a construcción de Novos Puntos Limpios
Por todo o exposto anteriormente, Desde o grupo municipal de C@urel Vivo,
Solicitamos:
1. Dar resposta á veciñanza que se atopa nesta problematica, e asinar algun
convenio de recollida con algunha empresa do sector ou punto limpo lindeiro.
Como primeiro paso para solucionar o problema a curto prazo.
2. Solicitar unha axuda ás administracións supramunicipais para facer un Punto
Limpo no Courel.
3. Que desde o Concello se traballe na limpeza de vertedoiro ilegais no noso
concellos, que seguen a medrar ano tras ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario