Tralos grandes lumes do 2022, anunciáronse axudas millonarias para o Courel, tanto desde o Goberno Central como desde a Xunta de Galicia. Visitáronnos Conselleiros, Delegados, Presidentes; usando o Courel para promocionarse e dando unha falsa imaxe de apoio neses momentos tan dificiles.
Ardeu o 60% do Concello e 10 meses despois a realidade é que
poucas foron as axudas que chegaron, só algunha migalla para afectados directos
en vivendas. Pero, e os afectados no turismo, apicultura, gandeira, autónomos e donos das terras? O único que recibiron
foron doacións de particulares.
Este mesmo ano anunciouse a reforestación de zonas por parte
da Xunta que é a que ten as competencias en Montes. A realidade é que de
momento o único que se prantou foi de
forma altruísta por parte da veciñanza e
voluntarios, con doacións de castiñeiros
e froiteiras.
Estamos case un ano máis tarde do desastre e podemos ver
como a meirande parte da herba que a Xunta usou para sacar a foto, podrece nas
cunetas.
Desde C@urel Vivo, vemos como unha vez máis se malgasta diñeiro
público e preguntámonos: A que intereses responden as Administracións?
Ós intereses xerais ou os duns poucos?
Herba podrecendo preto de Froxan , Abril 2023 |
Herba podrecendo preto de Froxan , Abril 2023 |
Herba podrecendo preto de Froxan , Abril 2023 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario