MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, polo Pleno da Corporación Municipal a seguinte Solicitude ao Sergas para que cubra as vacacións, ausencias e baixas dos profesionais sanitarios no Courel.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Un problema recorrente no Courel, é que o Sergas non cubre as vacacións,ausencias e baixas dos profesionais sanitarios.
Realidade que corroboran os tres grupos municipais, nunha reunión co Conselleiro de Sanidade, en Santiago no 2017 .
Nun Concello disperso e con veciñanza maior e sen coche, ou co Centro de Saúde a 20 minutos,cando se da a circunstancia de que nun dos centros falta un facultativo, os veciños e veciñas temos que desprazarnos ata 40 minutos.
Xa pasaron casos de urxencia de chegar o Centro de Saúde, en horario de mañá, e non haber médico. A solución que se ven dando desde o Sergas é non dar citas eses días ou como moito , facer que persoal dun centro teña que desprazarse a outro centro .De xeito que a veciñanza pagua as consecuencias tanto médicas como económicas.
A Conselleira de Sanidade, en declaracións no Parlamento este mesmo ano, asegurou que “habería persoal de sobra para cubrir as vacacións estivais”. Pero vemos que no Courel non se está a cumprir. Polo que imploramos a prioridade na cobertura nas zonas máis alonxadas dos Hospitais de referencia, onde só hai un médico e enfermeiro por Centro de Saúde, e se falta un supón que os seus pacientes queden desatendidos.
Dende os sindicatos tamén informan que hai xente nas listas, se a Consellaria de Sanidade tirase delas. Polo que desde CV e presupoñemos que desde os demais grupos municipais en conxunto, non imos permitir calquera outro empeoramento dos Servizos Sanitarios no Courel.
Por todo o anterior, SOLICITAMOS:
Que desde a Corporación Municipal se solicite en conxunto, Servizos Sanitarios cubertos e dignos para o Courel, tamén en vacacións e libranzas.
Que se lle solicite a Conselleira de Sanidade e Dirección de Primaria en Lugo, que se prioricen ás zonas máis alonxadas dos Hospitais de referencia para cubrir, cando falten profesionais do Centro de Saúde.
Folgoso do Courel a 20 de Agosto de 2023
Ningún comentario:
Publicar un comentario