PROPOSTA PARA ESIXIR MEDIDAS NA LOITA CONTRA A AVESPA VELUTINA, a debater no pleno de Outubro de 2023 - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

sábado, 14 de outubro de 2023

PROPOSTA PARA ESIXIR MEDIDAS NA LOITA CONTRA A AVESPA VELUTINA, a debater no pleno de Outubro de 2023

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de 

Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, polo Pleno da Corporación 

Municipal a seguinte PROPOSTA PARA ESIXIR MEDIDAS NA LOITA CONTRA A AVESPA VELUTINA

Os veciños/as do noso concello, e sobre todo os apicultores , estanse vendo prexudicados polo 

gran avance desta especie foránea e invasora.

Dende a entrada no país da Vespa Velutina, fai mais de 10 anos, a Xunta de Galicia nunca asumiu 

as competencias na loita contra as especies exóticas invasoras.

• Non elaborou un Plan de actuación galego para a detección, control e/ou erradicación 

da Vespa velutina nigrithoax, nin executou o establecido na estratexia do Ministerio.

• O servizo de retirada que a Xunta ten contratado á empresa Seaga. Servizo moi 

mellorable xa que en moitos casos derivase a bombeiros ou persoais locais, cando Seaga 

están cobrando por facelo eles.

• Cada vez destínanse menos recursos e hai mais retraso na retirada de niños e a espera 

pode chegar a semanas ou meses desde que se lles avisa.

• Non hai un protocolo establecido para o trampeo de captura de raíñas. E non se incide 

nos niños primarios da primavera, que é o trampeo máis efectivo.

Con todo isto o tártago asiático está a ter unha expansión exponencial por todo o noso territorio, 

con consecuencias importantes para os apicultores que ven como ano tras ano se ve reducida a 

súa colleita de mel, causándolles a morte a colmeas enteiras.



Por todo o exposto anteriormente, Desde o grupo municipal de C@urel Vivo, 

Solicitamos:

1. Que se elabore un Plan galego para a detección control e/ou erradicación da Vespa velutina 

nigrithorax e que se fomente a investigación sobre o ciclo biolóxico e comportamento 

da Vespa velutina nigrithorax na Galiza. Así como das ferramentas de trampeo, tipos de tram￾pas e atraentes, máis efectivas e menos prexudiciais para outras especies. 

2. Que se priorice o trampeo e a actuación anticipada sobre os niños primarios, como maneira 

efectiva de acabar con elas.

3. Que se dote de recursos suficientes para a retirada de niños secundarios e que se habili￾ten axudas específicas para a prevención dos ataques nos apiarios, para minimizar as perdas 

de produción polo ataque do tártago (Vespa velutina nigrithorax).

4. Que se prevea a posibilidade de habilitar axudas polas perdas ocasionadas por esta espe￾cie, no caso de ser necesarias.

5. Que se consideren as baixas ocasionadas pola Vespa velutina nigrithorax como causa espe￾cífica de forza maior contemplada nos criterios de excepcionalidade que eximen do reintegro das 

axudas percibidas, tanto nas “Axudas á incorporación de persoas mozas á actividade agraria”, 

como nas “Axudas Agroambientais da PAC”.

Folgoso do Courel , a 12 de Outubro de 2023

Ningún comentario:

Publicar un comentario