Guia sobre a Vespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

domingo, 3 de xuño de 2018

Guia sobre a Vespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus)


Sobre  a praga e como chegou.  

O Causante desta praga é un insecto nativo de China. Identificase xa no 2002 en Italia (onde causou a mingua do 80% da produción de castaña nestes anos). No 2012 chega ao levante da péninsula.


No Courel por primeira vez no 2014. Ano no que se comezou a ver os primeiros bugallos nos castiñeiros desta serra. Este bugallos son malformacións que se producen trala posta da larva da Vespa. A súa expansión foi moi rápida debido a que os ovos poden ir, no inxerto ou no plantón que se trae do viveiro. Así como polo aire, como tal , ao tratarse de insectos. 

 Cabe resaltar que  a praga xa se está a ver ós 900 metros de altitude. Polo que aínda que en menor medida, esto non será impedimento para que estes castiñeiros estean a salvo, como ocurría con outras pragas. Tamén que as femias non precisan do insecto macho para reproducirse, polo que poden poñer ata 150 ovos en grupos de 2 ou 3, dentro dos bugallos. Ao non haber machos xa non é posible a utilización de feromonas.Na primavera fai que o calor, desenrole a vexetación do castiñeiro  e tamén das larvas.  Aos 30-40 días, as vespas eclosionan e  tardan outros 10 -15 días en sair do bugallo.

En que soutos afecta máis?


Vendo no terreo parece que afecta  a tódalas variedades por igual.  Nun estudio feito en Francia, indican que  a resistencia atópase con variedades  asiaticas Castanea crenata y C. mollissima ( con castañas de excasa calidade ); e os híbridos derivados delas, como o Bouche de Bétizac(C.
crenata + C. sativa) . Hifas da Terra  tamén engade como resistente as variedades como Soutovello , C. sativa Belle Epine e Bouche Rouge (está última variedade pode presentar problemas de septoriasis).
Sería moi interesante, se detectades que algún castiñeiro non está afectado e os darredor sí que o están. Xa que sería un bo individuo para inxertar as súas gallas, noutros. Precisase máis investimento en IDI e comprobar variedades autóctonas que sexan máis resistentes. Asi como  comprobar casos que a xente está denunciando de que vei algunha especie de páxaro, comendo no bugallo (xa están avisadas as autoridades , deste caso).

 De momento a maior altitude, notamos menos Vespa e polo tanto menor afectara na produción. Aínda así os expertos creen que é cuestion de tempo, que os insectos se adapten e acaben tamén erradicando a producción, a cotas altas.


Que consecuencias ten sobre a produción da castaña e o castiñeiro?




Cando as larvas nacen, aliméntanse da flor do castiñeiro( candea ), o cal fai mermar a produción da castaña dun 50-80% e durante tantos anos como dure a Vespa.  Vendo a finais do verao e a principios do outono menos ourizos neles.

Ó ano seguinte de ver os bugallos, se son moitos, fará que sequen moitas follas. E se a maiores se xunta con que non estea moi desarrollado, que sea recurrente no tempo e se xunte con outras enfermidades como o chancro(que no Courel está moi presente), poden chegar a secar o castiñeiro.

Aínda que o Ministerio e a Xunta comezen a facer unha solta masiva, tardará en verse resultados de 3-8 anos. 








Que podemos facer para previla e erradicala?

Se aínda es dos afortunados que non teñen este mal no seu souto. Debes ter coidado cando fagas enxertos, telos en corentena. Ou se traes plantón novo, debe vir dun viveiro que che certifique que non ten Vespa. Xa que mentres a Vespa  están como ovos non se detecta a simple vista. Mantén os teus castiñeiros libres de chancro e quítalles as pólas secas.  Se tes chancro, podes chamar para que a administración os trate gratuitamente(chamando a Seaga no 881 997 045 ), xa que é mais doado de tratar. Aínda que este ano se chamaron desde o Courel, e non acudiron a tratalos.  Da unha idea do que no medio rural, importamos aos gobernos.
Máis info sobre o chancro en : http://www.castanea.es/manualcapitulo.php?fi=1&id=13





Se xa tes Vespa, pódese erradicar en plantacións novas, quitando os bugallos e queimándooas ou enterrándoas a 50cm de profundidade, dependendo do mes.Se ves algunha marca azul  na túa zona, recomendan non arrancarlle o bugallo, debido a que fixeron  unha solta do Parasito que  elimina a praga e se retiras os bugallos, eliminase tamén o parasito que frena a praga.
                                             


   












 Marca azul nunha parroquia do Courel. (foto da esquerda)















Aquí podemos ver unha solta que fixeron en Italia, fai anos (foto da dereita). Recomendan  50 unidades por hectarea. Esta solta estendese na zona enteira e vai depender do mes no que a solten, a cantidade que solten... etc para que a cura sexa efectiva.









Torymus, poñendo ovos no bugallo que está infestado. Este insecto é o único que elimina a Vespa, do que se teañ coñecemento.



Tratamento do souto segundo a época do ano


 Desde o GreenWood crearon este esquema que nos meses pode que estea  un mes ou dous con retraso. Xa que en Maio , é o mes propicio para queimalos bugallos dos exemplares novos, que se dean eliminándoos a man.  A Vespa nace entre Xuño e Xullo do ano seguinte da posta

Que está a facer a Xunta de Galicia e que debería facer 

       A Xunta de Galicia esta a soltar ó parasito  Torymus sinensis , a contagotas. A experiencia de outros países como Italia, Francia ou os paises baixos, indícannos que este insecto é a única loita biolóxica para erradicar a praga a medio prazo.  
Este insecto xa o soltaron noutros países e vai chegar a Galicia, pero máis tarde do normal. As administracións poderían atallar  promovendo a solta del. E un insecto que se alimenta das larvas da Vespa, polo que se un desaparece , o outro tamén desaparecerá segundo o Centro de control de pragas de Galicia ubicado en Pontevedra.
  
 Torymus (cura da praga) tras unha solta



       Que  estamos a facer nós e que deberías facer ti  

Para facer  que as administración se preocupen máis deste grave problema para os nosos , soutos, deberíase reclamar por escrito  á dirección xeral de ordenación forestal similar ó que xa entregamos nós  en Maio. Pódese ver aquí: http://caurelvivo.blogspot.com/2018/05/axuda-urxente-para-frear-vispa-do.html . Isto fará que  canta máis preocupación mostren, máis medios poñan para elo. E máis presión lle poden facer o Ministerio de Medio Ambiente para a solta de Torymus.
        


Desde C@urel vivo cremos que se está a tratar con ocultismo desde as administracións. Non se está a tratar ó Castiñeiro como se merece. Forma parte da cultura, historía e idosincrasia da montaña e da  Árbore que quitou a fame, mesmo antes de vir a pataca . Árbore que deu madeira para as nosas casas e para quentarnos. E fonte de ingresos aínda de moitas familias Caurelás e no resto de Galicia.  Por eles e polos seus donos, merécese que a Xunta de Galicia  en cooperación co Ministerio poñan todo o empeño en que a praga non dane máis os nosos soutos. E que se informe de xeito adecuado a xente. Publicando onde se fan as soltas e como actuar. Deixen de levar o tema con total ocultismo. Unha vez máis sentímonos desprotexidos, fronte unha praga moi serie e  preguntámonos se as administracións non están cando hai un problema ..Para que as necesitamos?

Máis info pulsado aquí ou no PDF da Xunta de Galicia

Fontes: 
  • https://www.hifasdaterra.com/que-medidas-debemos-tomar-contra-la-avispilla-del-castano-dryocosmus-kuriphilus/
  • https://viforsa.es/castano-planta/avispilla-del-castano/
  • http://www.sisef.it


2 comentarios: