Folgoso do Courel, dos concellos menos transparentes e participativos da provincia - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

venres, 19 de marzo de 2021

Folgoso do Courel, dos concellos menos transparentes e participativos da provincia

 O Concello de Folgoso do Courel é dos concello menos transparentes da provincia, tendo un portal de transparencia con moi pouca información. Por iso desde C@urel Vivo levaremos o seguinte pleno unha proposta para facer que o concello sexa mais transparente e participativo, asi como teña un acceso á información que agora non ten.



Xa que a nosa veciñanza non pode acceder a información e a servizos telemáticas que si teñen concellos similares ó noso (mesmo moitos gobernados polo PP). Servizos como ter unha bolsa de emprego aberta todo o ano (non 15 días como agora), con posibilidade de rexistro presencial e rexistro web, que puidese servir para que persoas do noso concello que están en busca de emprego; que segundo os dato de Xaneiro 2021, son 45 das cales 32 están en paro polo sector servicios. Esta bolsa, téndoa aberta todo o ano, tamén serviría para cubrir a queixa que sempre nos manifesta o equipo de goberno, de que non atopa xente para cubrir algúns servizos do Concello. A falla de transparencia tamén nos afecta directamente ós concelleiros que non temos acceso directo ó rexistro diario, a expedientes, facturas, proxectos… Como primeiro paso cumpriría que nos desen de alta como usuario para visualizar o rexistro do software de xestión documental que usan a diario no Concello. Non solicitamos máis que o que a lei dita. Nin pedimos nada novo, xa que este sistema ó que si teñen acceso concelleiros da oposición noutros Concellos (por exemplo O PP de Poio solicitou e concedéronlle acceso ó rexistro semanal de “Gestiona”) . Amparados pola lexislación vixente e segundo expresa a Sentenza do Tribunal Supremo de 9 de decembro de 1995 (RJ 1995,9252), o dereito dos membros da Corporación Locais á información precisa para o desempeño dos seus cargos que, con carácter básico, recoñece o artigo 77 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local é esencial para o funcionamento democrático das devanditas corporacións e para o seu dereito fundamental da participación nos asuntos públicos que dimana do artigo 23.1 da Constitución Española. O artigo 77 das Lei de Bases de Réxime Local establece que todos os membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcaldes cantos antecedentes, datos ou informacións obran en poder dos servizos da Corporación. O exercicio do dereito a informarse supedítase exclusivamente, a que os antecedentes, datos ou información obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da función de Concelleiro. A lei non contempla outra limitación, e o precepto, segundo reiterada xurisprudencia, é de interpretación restritiva favorecedora do exercicio do dereito fundamental a participar nos asuntos públicos e ao acceso ás funcións públicas. Por todo o anterior, proponse o seguinte ACORDO: 1. Solicitamos a remisión semanal aos concelleiros que o soliciten, a copia do rexistro xeral de entrada e saída, a realizar a través do programa que se use para tal fin desde o Concello, coas únicas limitacións derivadas da aplicación da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos dereitos dixitais 2. Que desde o concello se traballe no cumprimento da “ Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno”, como están a cumprir outros concellos similares ó noso.

Por todo o anterior, proponse o seguinte ACORDO:

1. Solicitamos a remisión semanal aos concelleiros que o soliciten, a copia do rexistro xeral de entrada e saída, a realizar a través do programa que se use para tal fin desde o Concello, coas únicas limitacións derivadas da aplicación da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos dereitos dixitais
2. Que desde o concello se traballe no cumprimento da “ Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno”, como están a cumprir outros concellos similares ó noso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario