Poucos medios, neglixéncias e desamparados polas administracións no primeiro lume no Concello - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

luns, 29 de marzo de 2021

Poucos medios, neglixéncias e desamparados polas administracións no primeiro lume no Concello

 

Onte, 28 de Marzo , tivo lugar o primeiro incendio grande no concello entre os Lugares de Piñeira e Meiraos. Segundo o distrito arderon 20 hectáreas. O lume quedou a escasos 100 metros da aldea de Piñeira. Este incendio, serviu para que nos deamos conta dos poucos medios que a Xunta de Galicia ten na zona. Somos un concello no que non había brigada propia , se non fose por sentencia xudicial de que estea a base en Seoane, non teríamos medios persoais na zona e non se sabe o que podería pasar. Ó abandonados que nos ten a Xunta súmase que o concello ben de elaborar con diñeiro público nun plan de prevención de  incendios (que se queda en papel mollado) para  que entre outras cousas facer cumprir as faixas de protección nas aldeas, que eles mesmos dixeron que“ era necesario desde o Concello realizar tarefas preventivas, sobre as causas dos incendios forestais co obxecto de evitalos ou, en todo caso, minorar as súas consecuencias económicas e ambientais” . Dita actuación é competencia propia do Municipio de conformidade co artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril e  non se cumpre, como outras moitas leis.



O caso máis grave e que desde o Grupo de Emerxencia Supra municipal (GES) de Quiroga que estaban de garda, e desde o distrito déuselles aviso e non apareceron.  Cando periga un núcleo é moi grave que non se acuda, e o equipo de goberno do concello debería facer unha queixa formal ó seu homólogo de Quiroga polo uso 'egoista' que fai do seu


GES . Con respecto á Xunta de Galicia, é palpable do desmantelamento dos poucos servizos cos que contamos. Moita figura de protección, moitos titulares e fotos pero sen inversión nin servizos de calidade para os veciños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario