Presuposto 2021 , sen transparencia, sen participación e con pouca inversión real - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

mércores, 10 de marzo de 2021

Presuposto 2021 , sen transparencia, sen participación e con pouca inversión real


Hoxe tivemos pleno extraordinario de aprobación de Presupostos do 2021.

Desde CV abstivémonos por dous motivos esenciais:

1.       Porque seguen a facerse os presupostos, como fai décadas, sen transparencia nin participación da veciñanza.

2.       Pouca inversión real, xa que dos 1.549.567€ que solo se inverta o 15,91% a Inversións Reais non se pode mellorar os servizos nin gañar poboación, que deberían ser dúas grandes prioridades do Equipo de Goberno.

A maiores reclamamos que se está previsto unha suba do 0,9% para os traballadores do concello, se suba en maior contía ós do servizo do Servicio de Axuda no Fogar.  Ou se prevén gastar 32085€ (2600€ ó mes ) en Carburantes , que se licite – como reparou intervención -  e non se lle dea a unha oferta soamente, como ata agora.

Propuxemos novamente que desde o concello se saquen axudas para Emerxencia Social para axudar ás persoas máis vulnerables do noso Concello.  Unha boa maneira que vemos son vales para gastar no comercio local. Aseguraron que este ano se sacaran 3000€ para iso. Agardemos que non quede  solo nun titular, como o ano pasado no que non investiron nada para iso, pese que o anunciaron e desde CV doamos arredor de 1000€ para tal fin. Escoita todo o pleno desde a sección de plenos.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario