MOCIÓN pola paz e a xustiza en Palestina - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

sábado, 30 de decembro de 2023

MOCIÓN pola paz e a xustiza en Palestina

MOCIÓN pola paz e a xustiza en Palestina que presenta o grupo municipal de C@urel

vivo para a súa discusión e aprobación polo Pleno da Corporación Municipal.

Aínda que non lle compete ao Concello rematar coa masacre da poboación cívil

da Franxa de Gaza, a reflexión sobre esta catástrofe humanitaria, que vulnera os dereitos

humanos e a legalidade internacional, fainos pensar que non podemos ser indiferentes e

que todas as persoas podemos achegar o noso grao de área para conseguir un mundo

máis xusto e con menos sufrimento. Non querer ser indiferentes ante esta catástrofe e

o que nos leva a traer esta proposta ó pleno. 



EXPOSICION DE MOTIVOS

Primeiramente, desde CV condenamos o ataque perpetrado polo grupo terrorista

Hamás o 7 de outubro, que causou na poboación civil israelí máis de 1400 persoas

mortas , 5132 feridos e que tomou máis de 240 reféns. 

 Este ataque non xustifica que un país vaia eliminando “a feito” a poboación

civil doutro país. A ofensiva desproporcionada e criminal despregada polo goberno

israelí, en resposta ó ataque de Hamás, produciu unha crise humanitaria dunha magnitude

extraordinaria. O número de persoas asasinadas xa ascende a 22.420 (as dúas terceiras

partes son mulleres, nenos e nenas). As persoas desprazadas ao sur da Franxa superan o

millón setecentas mil, centos de miles de familias dormen á intemperie en tendas

improvisadas case sen auga e sen comida. Os bombardeos indiscriminados xa se producen

en toda a Franxa e destruíron escolas, hospitais e outras instalacións sanitarias,

infraestruturas viarias, barrios enteiros e máis da metade das vivendas. Ademais, o asedio

do goberno israelí fai que apenas cheguen medicamentos, auga, combustible e alimentos.

Ao non funcionar a maioría dos hospitais e ó non ter medicamentos condénase á

morte a persoas feridas e ás que teñen outros problemas de saúde. As cifras e as imaxes da

masacre que deixa a violencia exercida contra a poboación inocente, son insoportables para

calquera persoa cun pouco de humanidade. .

 A nivel internacional, organismos e entidades tan importantes como a ONU a

OMS, Intermon Oxfam, Médicos sen Fronteiras, Amnistia Internacional e a Axencia das

Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNRWA) veñen denunciando a

vulneración dos dereitos humanos e do dereito humanitario internacional por parte do

gaberno israeli, así como a situación de crueldade e de sufrimento extremo ó que se está

sometendo a poboación civil gazatí, o que levou a que a ONU declarase que Gaza xa

non é un lugar habitable.

 Recentemente, a Asamblea do ONU aprobou un alto o fogo inmediato por

aplastante maioría (153 países a favor, 10 en contra e 23 abstencións). O goberno

español tamén é partidario do alto o fogo e dunha solución pacífica na que se recoñeza o

estado palestino, pero creemos que non está utilizando nen todo o poder diplomático nen

a adopción doutras medidas que axuden a parar a limpeza étnica do pobo palestino. 

 Imaxinádevos, por un momento, no medio desa catástrofe humanitaria e, sen ser

culpables de nada, que destrúan as nosas casas, que nos despracen, que nos bombardeen,

que destrúan os nosos hospitais, centros de saúde, escolas e que impidan que teñamos

acceso a alimentos, a auga potable, a asistencia sanitaria e a combustible. 

Ante a situación descrita, por imperativo ético, por humanidade, polo respeto

aos dereitos humanos e ao dereito internacional humanitario, proponse o seguinte

ACORDO:

 Demandarlle ó goberno de España que traballe pola paz e pola xustiza en Palestina, e que esixa e

defenda nos organismos onde corresponda as seguintes medidas:

1.1 Alto o fogo inmediato. 

1.2 Entrada inmediata en Gaza da axuda humanitaria vital (auga, alimentos, medicamentos,

combustible).

1.3 A protección da ONU para os 2,3 millóns de poboación civil gazatii que sofre o asedio.

1.4 Que se poña fin aos ataques de colonos israelís e o asasinato de palestinos en Cisxordania. 

1.5 A liberación dos reféns israelís retidos por Hamás. 

1.6 Que Israel deixe saír da Franxa de Gaza a decenas de españois, entre os que hai oito

galegos. 

1.7 Promover no Tribunal Penal Internacional que se xulgue aos responsables do goberno israelí

por crimes de guerra, ao igual que se fixo con Putín na invasión de Ucraína . 

1.7. Adoptar medidas unilaterais como a ruptura de relacións diplomáticas con Israel e a

suspensión de compra e venta de armas.

En Folgoso do Courel , a 19 Decembro de 2023 Asdo: Óscar Carrete Lage

Ningún comentario:

Publicar un comentario