Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello – Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e ...

Buscar neste blog

sábado, 30 de decembro de 2023

Moción para a Mellora de Cobertura Móbil - Aprobado por unanimidade

 MOCION que presenta o grupo municipal de C@urel vivo – CV diante do Concello –

Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, polo Pleno da

Corporación Municipal a seguinte Solicitude para mellorar a cobertura móbil e acceso

a internet de calidade no noso concello..

EXPOSICION DE MOTIVOS

Mentres se levan anos de mellora da tecnolóxicas para ir a velocidades inalámbricas de vértigo

nas urbes. No rural dificilmente nos chega 3g e mesmo en moitas aldeas hai dificultades para

recibir unha chamada desde ó móbil. 

Recentemente mesmo vemos como foi a peor a cobertura en moitas aldeas. Ao que se suman

averias en repetidores de GSM e na fibra óptica que deixaron incomunicados durante días á

veciñanza.



Recordamos que tras ano e medio dos lumes, ainda seguen as conexións pola cuneta entre

Quiroga e Seoane. Polo que o abandono das compañias e da administración competente cara o

Courel, queda demostrada.

Isto ocasiona, desde trastornos á hora de ir á banca, centros de saude, chamar por teléfono..

Así como para desenrolar un traballo a distancia desde a casa.

 Con estes servizos tan deficientes , é moi difícil pedir que se asenten emprendedores e

empresas no noso concello , se non hai unhas infraestruturas en condicións. 

A Xunta de Galicia, competente neste servizo, a través de AMTEGA (Axencia para a

Modernización Tecnolóxica de Galicia) aprovou 3,7 millones de euros para o período 2022-

2023 para dotar de cobertura móbil a 290 poblaciones de 65 concellos. No caso do Courel,

adxudicaron mellora de cobertura de Ferreiros (un das aldeas que menos cobertura ten). Xa

rematado o 2023, nada se sabe de cando se instalará. 

Desde CV parécenos insuficiente o esforzo para mellorar a cobertura no noso concello, xa que

vemos como cada ano onde había cobertura se está perdendo. Vemos como noutros lugares se

implanta a tecnoloxía 5G e no noso concello aínda ten aldeas sen poder chamar por teléfono.

Vemos que de 290 actuacións que Antega aprovou nos últimos dous anos, só unha mellora no

Courel , mentras que noutros concellos implementan máis de 20 novas instalaccións de

mellora.

Vemos tamén como nos deixan fora de plans como o Plan Galicia 5G ou do que xestiona axudas

europeas para a mellora da conectividade (Estratexia Galicia Digital 2030), onde presumen que

xestionaran un total de máis de 4.000M€ que supoññen a maior inversión en materia dixital da

historia de Galicia. Polo que agardamos que se acorden , desta vez do noso concello.

Segundo datos na páxina do Ministerio de transformación digital, onde afirma que o noso

concello conta con cobertura de 4G o 94% do territorio. Calquera persoa que coñeza o Courel,

sabe que eses datos non son verídicos. Xa que no mesmo ministerio, se miramos a seguinte

gráfica vemos que somos o concello con peor cobertura da rodeada.

No 2019 , desde CV, xa fixemos unha reclamación a Unión Europea , amparándonos nas súas

directrices sobre o tema, que no noso territorio non se está a cumprir. Di:

“ Estés onde estés na UE, debes poder acceder a uns servicios de comunicación electrónica de

boa calidade, incluido un acceso básico a internet, a precios asequibles. É o que se chama

prestación de "servicio universal". Debería haber poo menos un proveedor de acceso a

internet que che ofreza o servicio. “

Por todo o anterior, proponse o seguinte son ACORDO:

1. Solicitarlle a Amtega é a Xunta de Galicia a especial condición do Courel e que nos

incluian na Estratexia Galicia Digital 2030 para erradicar esta falta de cobertura 4g.

Incidir en actualizar as que son 3g a 4g e as novas se instalen xa todas nesta ou superior

tecnoloxía.

2. Solicitarlle ó Ministerio de transición ecolóxica ,que subsane os datos que non din a

verdade sobre a implantación do 4g no noso territorio, asi como que nos incluian de

forma prioritaria nos plans de mellora de cobertura e acceso a internet.

3. Solicitarlles ás dúas administracións que todas as novas antenas que se instalen no

Courel , veñan dotadas de 4g ou 5g e non gastar diñeiro público en tecnoloxías

obsoletas. Recordamos que as últimas que se instalaron, fai máis de 8 anos, sufren

caidasde comunicación constante.

En Folgoso do Courel , a 19 Decembro de 2023 Asdo: Óscar Carrete Lage

Ningún comentario:

Publicar un comentario