Proposta para conseguir o Destino Turistico Starlight para o Concello e para os Aloxamentos - C@urel vivo

                                   C@urel vivo

Polo C@urel, con ARELA

DESTACAMOS:

Proposta para conseguir o Destino Turistico Starlight para o Concello e para os Aloxamentos

  MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo – CV , Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Cou...

Buscar neste blog

martes, 20 de agosto de 2024

Proposta para conseguir o Destino Turistico Starlight para o Concello e para os Aloxamentos



 MOCION que presenta o concelleiro /voceiro do grupo de C@urel vivo – CV , Óscar Carrete Lage, diante do Concello –Pleno de Folgoso do Courel, presenta para a súa discusión e aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación Municipal a seguinte PROPOSICIÓN RELATIVA Á CONSEGUIR O DESTINO TURISTICO STARLIGHT PARA O CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL 


Exposición de motivos:

 No Courel, contamos cun valor natural que non somos capaces de cuantificar. Polo cal o turismo e os postos de traballo relacionados co turismo teñen que ser fundamentais no deseño do Courel do futuro. Eses valores tamén se estenden ó mundo da astronomía e a calidade dos nosos ceos. Contando cun dos ceos menos contaminados lumínicamente, con mellor “seeing” e transparencias dos mesmos. No Courel precisamos turismo de calidade o que forneza os establecementos e poidan dar postos de traballo , con guías, interpretes do cosmos e demais. No ano 2017, xa fai 7 anos , presentavámoslle unha proposta similar .Nese momento en Galicia so gozaban desa distinción 2 zonas. Hoxe xa son 7 as Certificacións que deu a Unesco en Galicia. A maiores a Fundación Starlight permite certificar aloxamentos. 

Onde Casas de Turismo Rural, Vivendas Turísticas, Acampamentos, etc poderían obter ser Aloxamento Starlight, tendo material para contemplar o cosmos. Material que se debería subvencionar. Gozarían de moito máis visibilidade a nivel internacional e a fundación enlazaríaas na súa páxina web. Todo isto, non deixa lugar a dúbidas dos beneficios que suporá a medio prazo para o noso Concello.

 Desde CV esperamos que teña altura de miras, polo ben do noso concello, dos negocios turísticos e da veciñanza. Contamos cun profesional no tema, José Antonio Álvarez( presidente da Asociación Astronómica de Ourense). José, considera a zona como excepcional para este tipo de Turismo e axudaría no que se precise. Para optar á certificacións poderíase contar con fondos do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) ou calquera outra ente podería subvencionalo e poder así dinamizar a zona cun proxecto positivo para a mesma. Por todo o anterior, o Grupo Municipal de C@urel vivo considera de interese municipal que o Pleno da Corporación 


ACORDE:

 1. Solicitar á Fundación Starlight por escrito a intención de conseguir dita certificación, segundo os pasos que marca na súa páxina web.

 2. Abrir unha convocatoria dos establecementos locais que lles interesaría obter a Certificación a nivel particular e traballar con eles “codo con codo” para ver a maneira de conseguila. 

3. Solicitar á Deputación, Xunta de Galicia, ó GDR Ribeira Sacra – Courel ou calquera outra vía de financiamento que o Equipo de Goberno considere o financiamento para subvencionar tal proxecto. 


En Folgoso do Courel a 17 de Agosto de 2024                           Ado: Óscar Carrete Lage

Ningún comentario:

Publicar un comentario